miniatura|230px|Mapa da península de Barú. miniatura|240px|Praia Branca, na península de Barú. A península de Barú, ás veces denominada Illa de Barú, é unha zona costeira situada ó sur e a 45 minutos en lancha de Cartaxena de Indias, Colombia. É famosa polas súas praias brancas e auga turquesa. Está separada do territorio pola Canle do Dique. Até 2014, a única forma de cruzalo era en balsa. Foi nese ano cando se inaugurou a chamada "Ponte de Barú".
Hoxe en día é un lugar de grande auxe turístico. A maioría das praias son privadas, propiedade de particulares ou empresas turísticas, agás Praia Branca que é a única praia pública.
Nas augas de mar que están en fronte de Barú combateuse a batalla de Barú en 1708, durante a cal se afundiu o galeón San José.
Poboación Na península de Barú hai varias vilas, cunha poboación total de preto de 20.000 persoas. A maioría delas viven grazas ó turismo, ben sexa traballando nas instalacións hoteleiras ou ben vendendo artesanías ós visitantes.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Penínsulas de Colombia