Manuel Hurtado Sanjurjo, nado en Lugo o 27 de xuño de 1984, é un atleta, adestrador deportivo e político galego.

Traxectoria Licenciouse en 2009 en xornalismo pola Universidade Complutense mentres residía no Centro de Alto Rendemento de MadridPablo Díaz "Manuel Hurtado, un Huracán en continuo movimiento". Run Galicia e logo fixo maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela (2012). Coñecido deportivamente como Huracán Hurtado é especialista de media e longa distancia, e antes de marcha atlética, acadou o 3º posto no Campionato de España de 10 km no 2010. 1º posto nos 10 000 m en 2012 no Campionato de España Universitario de Atletismo. No 2015 gañou nos 5000 m do Campionato Galego absoluto e quedou en terceiro lugar do Campionato de España de Carreira de Montaña. En 2017 volveu gañar o Campionato Galego en 5000 e 10 000 m. En 2018 proclamouse campión galego de cross curto, cross longo e medio maratón.

Dende o ano 2010 comezou a colaborar co seu primeiro club de atletismo nos labores de monitor, chegando a ter o título de adestrador nacional nivel II no ano 2015 e nivel III no 2018. Dende 2010 é adestrador de base nun colexio de Lugo e mais tamén dirixe a campioa de España sub-18 dos 3000 m, Sara López e a subcampioa sub-16 nos 600 m, Carmen Victoria González.

Actividade pública Realizou colaboracións con diversos medios xeneralistas e tamén especializados en información deportiva, e máis é tertuliano do programa Voces de Lugo de RadioVoz, dirixido por Félix Jorquera. En agosto de 2018, anunciou publicamente o seu salto á política local, logo de presentar a súa candidatura a encabezar a lista de Compromiso por Galicia nas eleccións municipais de 2019.

Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1984 Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid