Para a unidade monetaria do moderno Estado de Israel, ver '''Novo shekel. miniatura|Siclo de prata do rei aqueménida persa Darío I, século V a. de C. O siclo, tamén coas grafías xéquel, shekel e sheqel (acadio: šiqlu ou siqlu; hebreo: שקל, shekel; latín: siclus) foi unha antiga unidade de peso e, paralelamente, unha denominación monetaria de prata e de ouro utilizada por varios pobos do Oriente Próximo mediterráneo, entre eles os antigos hebreos."Sicle". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxinas 434-435."Siclus". En Girod (1827). Páxina 51.

Historia

Idade Antiga Na súa orixe relaciónase cunha unidade de medida equivalente a unha certa cantidade de cebada, que variou co tempo e cos lugares."Siclo" e "Shekel (2)". En Alfaro Asins et Al. (2009)Dilke, O. 1987. Mathematics and measurement. University of California Press. 1987. Páxina 46. alt=|miniatura|Siclo de Xudea, da época da perimeira revolta xudía contra Roma, ca. 66-69 a. de C. Inscrición: XERUSALÉN A SANTA. Na época do Antigo Israel pesaba arredor dos 11 gramos, aínda que o seu valor foi moi flutuante, e é frecuente atopalos con pesos desde os 7 ata os 14 ou mesmo 17 gramos. Como moeda hebrea, equivalía a 1/60 de mina e a 1/3600 de talento."Šiqlu". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly. En Mesopotamia durante o período paleobabilónico, estímase que o siclo tiña 8 gramos."Siclo ("shekel")". En Algunos tipos de monedas antiguas . Tesorillo.com"Siglos". En Melville (1986)."Shéqel" e "Sicle". En Amandry (2001)

No Código de Hammurabi menciónanse os siclos nalgunhas leis referentes ao labor dos cirurxiáns, por exemplo:Código de Hammurabi en tradución portuguesa e inglesa.

Idade Contemporánea miniatura|120x120px|Moeda dun xéquel contemporáneo, dos circulantes entre 1980 e 1985 En 1980, retomouse a denominación de siclo ou xéquel para a moeda que substituíu a libra como moeda de Israel.González Rei, B. Ortografía da lingua galega. A Coruña, Ed. Galinova. 2004. Páxina 553. ISBN 84-9737-041-4 Posteriormente, en 1985, o xéquel foi novamente substituído polo novo shekel, cunha equivalencia de mil dos antigos por un novo."Israeli old sheqel" e "Israeli new sheqel". En Farlex Financial Dictionary. 2012

Moeda bíblica Na Biblia menciónase varias veces esta moeda. Por exemplo, o prezo de venda da tumba de Sara e os patriarcas, que Abraham lle comprou a Efrón foi de 400 siclos e o prezo de venda de Xosé por parte dos seus irmáns á caravana de mercadores foi de 20 siclos de prata.Xénese 23:15: Escóiteme, meu señor: o terreo vale 400 moedas de prata, Por esa cantidade non imos discutir, así que enterre vostede a súa muller.Xénese 37:28: ...e cando os comerciantes madianitas pasaron por alí, os irmáns de Xosé sacárono do pozo e vendérono aos ismaelitas por vinte moedas de prata... Pénsase que as "30 moedas de prata" asignadas a Xudas Iscariote a cambio da entrega de Xesús de Nazaret puideron ser siclos de Tiro."Shekel". En Forum Ancient Coins.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda aqueménida Moeda da Antiga Grecia Moeda cartaxinesa Novo shekel

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813

Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de Asia Categoría:Moedas na Biblia Categoría:Unidades de medida históricas Categoría:Historia de Israel Categoría:Imperio Aqueménida