Eugene Andrew Cernan, nado en Chicago (Illinois) o 14 de marzo de 1934 e finado en Houston (Texas) o 16 de xaneiro de 2017, foi un astronauta estadounidense. Formou parte das misións Gemini 9A, Apollo 10 e Apollo 17, e pasou un total de 23,59 días no espazo.
Traxectoria Graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade Purdue en 1956 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos. Foi un dos catorce candidatos a astronauta seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Na misión Gemini 9A ocupou o posto de piloto, con Tom Stafford como comandante. Máis tarde formou parte da tripulación de apoio das misións Gemini 12 e Apollo 7. Foi piloto da misión Apollo 10, lanzada o 18 de maio de 1969, que orbitou a Lúa. A súa última misión foi como comandante da misión Apollo 17, a última misión tripulada cara a Lúa. Pasou no espazo un total de 23,59 días. Vida persoal
Casou con Jan Nanna Cernan e tivo tres fillas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gemini 9A Apollo 10 Apollo 17
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en Chicago