Madre de Deus é un concello brasileiro do estado da Baía. Posúe unha área de 32 201 km², cunha poboación estimada en 2017 de 21 007 habitantes. O seu antigo nome era Ilha dos Cururupebas, en virtude do cacique tupinamba Cucurupeba que habitaba nesa illa e que após anos de resistencia, sucumbiu aos ataques dos colonizadores portugueses.

Xeografía O concello está localizado nunha illa. A súa ligazón co continente é a través dos concellos de Candeias e São Francisco do Conde. Unha ponte construída no final dos anos cincuenta une a illa co continente, aínda que coa marea baixa é posíbel atravesar a pé dun lado ao outro. A illa sitúase na Baía de Todos os Santos, a maior do Brasil. O concello antes pertencía a Salvador e emancipouse nos anos oitenta. Alén do terminal marítimo de Petrobras, outras actividades son a pesca artesanal e o turismo, pois trátase da praia máis próxima da rexión. É unha rexión marcada por fortes agresións ecolóxicas, oriúndas da industria petrolífera, sendo relevantes na historia do concello os derramamentos de petróleo de 1992 e 1999.

Este concello está subdividido en dúas áreas: a Illa de Madre de Deus e a Illa de Maria Guarda. A Illa de Madre de Deus, á súa vez, divídese nos barrios do Centro, Suape, Cação, Marezinha, Mirim, Alto do Paraíso, Apicum, Nova Madre de Deus e Quitéria, Alto da Matriz, Alto do Santo Antônio, Alto da Boa Vista, Cururupeba, Malvinas e Nova Brasília.

Praias Praia da Costa Praia de Cação Praia da Ponta do Suape

Cultura Deporte 200px|miniatura|esquerda|Estadio Municipal de Madre de Deus O concello é lar do club de fútbol Madre de Deus Sport Clube, fundado o 22 de xaneiro de 2002, que en 2008 venceu de forma invicta a Segunda División Baiana.

Entroido O entroido de Madre de Deus é unha festa na rúa no que diversas persoas van detrás dun trío eléctrico. Existe a tradición de vestirse con fantasías que cobren o corpo enteiro, as chamadas "caretas".

Notas

Categoría:Cidades da Baía