Alexandros Gianniris (en ), nado en Atenas o 15 de maio de 1960 e finado na mesma cidade o 30 de xuño de 2023, foi un eclesiástico ortodoxo grego, dende 1997 metropolitano de Nixeria. Traxectoria Naceu como Georgios Gianniris en Atenas en 1960. Graduouse pola Facultade de Pastoral e Teoloxía Social da Universidade de Tesalónica e posteriormente foi ordenado diácono o 1 de outubro de 1988, e ordenado sacerdote o 2 de outubro da Igrexa ortodoxa de Alexandría. Logo da súa ordenación exerceu de superior na Igrexa Patriarcal dos Santos Anárxiros da arquidiocese de Xohanesburgo e Pretoria e de secretario da arquidiocese.

O 23 de setembro de 1997 foi elixido bispo da diocese de Nixeria; a xurisidición inclúe a Nixeria, Níxer, Benín e Togo. Recibiu a consagración episcopal o 24 de novembro do mesmo ano. Foi elevado ao rango de metropolitano o 27 de outubro de 2004.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na páxina web da arquidiocese

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Atenas Categoría:Finados en 2023 Categoría:Bispos ortodoxos de Benín Categoría:Bispos ortodoxos de Grecia Categoría:Bispos ortodoxos de Níxer Categoría:Bispos ortodoxos de Nixeria Categoría:Bispos ortodoxos de Togo Categoría:Alumnos da Universidade Aristóteles de Tesalónica Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Alexandría Categoría:Bispos ortodoxos do século XX Categoría:Bispos ortodoxos do século XXI