Saguinus leucopus é unha especie de primate tamarino endémica no norte de Colombia.
Taxonomía e filoxenia Para a especie Saguinus leucopus, recentemente reformúlase a ordenación en base nos resultados de varias investigacións recentes de análise molecular e morfolóxico, incluíndo á familia Callitrichidae dentro da familia Cebidae como unha subfamilia: Callitrichinae.Defler T. 2003. Primates de Colombia. Conservación Internacional, Bogotá
Descrición morfolóxica De media, a cabeza e o corpo do tití gris miden 244 mm nos machos e 241 mm nas femias; a cola mide 389 mm en machos e 375 mm nas femias. O peso media é 440 gramos.Rowe N. 1996. The pictorial guide to the living primates. Pogonias Press, Estados Unidos. O dorso é cor café prateada pálida, ou branca amarelada abigarrada con café. A cara é case espida con algúns pelos brancos delgados. A fronte esbrancuxada, así como a zona que vai da coroa da cabeza ás orellas. O pescozo e a parte superior da testa dende atrás das orellas forman unha coroa de pelos café escuro contrastante que son ben pronunciados. As orellas teñen pelos escuros delgados. A cola é café, máis escura que o corpo, cuberta de prateado cara á punta; o extremo da punta é polo xeral branco. As pernas e os pés son esbrancuxadas ou prateadas, ás veces con pintas en pés e nocellos café avermellado. O ventre é alaranxado dende escuro a avermellado brillante.Emmons L, Feer F. 1990. Neotropical rainforest mammals: a field guide. The University Chicago Press, Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Animais descritos en 1877 Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Fauna endémica de Colombia