Donna Theo Strickland, nada en Guelph (Ontario) o 27 de maio de 1959 é unha física e académica canadense, Premio Nobel de Física en 2018, cando traballaba como profesora asociada no Departamento de Física e Astronomía da Universidade de Waterloo, (Canadá), "polo seu método de xeración de impulsos ópticos ultracurtos de alta intensidade". É pioneira no campo dos láseres. É a terceira muller en lograr o Premio Nobel de Física, compartido co seu antigo mentor, Gérard Mourou (Francia). A técnica que desenvolveron (amplificación por deriva de frecuencia), úsase para producir impulsos ultracurtos de moi alta intensidade, útil en micro láser, cirurxía, medicina, e en estudos de ciencia fundamental.

Traxectoria GraduouseBachelor of Engineering en enxeñaría física na McMaster University en 1981, e completou o doutoramento en Física na especialidade de Óptica na Universidade de Rochester no ano 1989. A súa tese de doutoramento titulouse "Development of an ultra-bright laser and an application to multi-photon ionization" (Desenvolvemento dun láser ultrabrillante e unha aplicación para ionización multifotónica), e foi supervisada por Gérard Mourou. Durante a súa estancia nesa universidade, ambos coinventarona amplificación de pulso que lles valeu a concesión do Nobel.

miniatura|O grupo de Donna Strickland na Universidade de Waterloo. Strickland é a segunda da dereita, na fila de atrás.

Premios e recoñecementos 1998 – Bolsa Sloan 1999 – Premio Premier á excelencia investigadora 2000 – Premio Cottrell Scholars Award outorgado pola Research Corporation for Science Advancement 2008 – Membro da Optical Society of America 2018 – Premio Nobel de Física, compartido con Arthur Ashkin e Gérard Mourou

Publicacións

Notas

Véxase tamén Outros artigos Láser Amplificación por deriva de frecuencia

Ligazóns externas Material didáctico sobre Donna Strickland no proxecto #científicasCASIO

Categoría:Nados en Ontario Categoría:Nados en 1959 Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Premios Nobel do Canadá Categoría:Físicos do Canadá