María Asunción Bonet Correa, máis coñecida como Choncha Bonet, nada na Coruña o 22 de abril de 1922 e finada en San Miguel de Neira de Rei (Baralla) o 9 de setembro de 2011, foi unha pintora galega.
Traxectoria Foi a primoxénita, de catro irmáns (José, Antonio e Jesús Santiago), filla de José Bonet Peñalver, militar e pintor afeccionado, e de Asunción Correa Calderón, escritora. Expuxo por primeira vez no Círculo de Belas Artes de Lugo en 1954. Pasou temporadas en Madrid, Roma e París. Expuxo no Galerías de Arte de Madrid, Círculo de Belas Artes de Madrid e no Concello da Coruña. Doou varias obras a favor da ONG católica española Manos Unidas, da Asociación Vía María (infancia) e da ONG Nuevo Futuro.
Teñen obra súa o Concello da Coruña, o Museo Provincial de Lugo e varias coleccións particulares.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
e (1981). Plástica Gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, ISBN 84-7231-603-3.
Ligazóns externas https://chonchabonet.wordpress.com/ .
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes