O Cemiterio de San Francisco é un dos tres camposantos da cidade de Ourense, xunto co de Santiago das Caldas (do antigo concello de Canedo) e o de Santa Mariña. No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento.

Historia miniatura|page=2|Plano no Decreto 31/2000, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de monumento. Durante a Idade Media e o Antigo Réxime as persoas mortas adoitaban ser soterradas no interior das igrexas ou en camposantos arredor delas, como a Praza da Magdalena. A Real Orde do 30 de xuño de 1814 establecía, por motivos de salubridade, a construción de cemiterios fóra dos núcleos urbanos. En 1822 o convento de San Francisco de Ourense cedeu uns terreos a carón o lado do seu convento, a carón doutro mercado polo Concello no mesmo ano á marquesa viúva de Bóveda de Limia. Este terreo formaba parte dunha viña que pertencera en 1665 a Benito de Lemos Bolaño, rexedor de Ourense e dono do pazo de Piñor, herdada por José Noguerol do seu avó o escribán Diego Sánchez Cid Herrera, casado con María Feijoo, filla do primeiro matrimonio da avoa de don Benito de Lemos. Diego Sánchez Cid Herrera e María Feijoo foron soterrados na igrexa do convento de San Francisco, trasladada no século XIX a carón do parque de San Lázaro logo da desamortización.

O cemiterio foi inaugurado o 9 de maio de 1834, coa bendición do terreo por parte do bispo Dámaso Egidio Iglesias Lago. En 1887 o Concello construíu un cemiterio laico para acoller as persoas non católicas, principalmente protestantes e ateas. No século XX o espazo foi ampliado cara ao leste en dirección á zona de Montealegre.

No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural polo seu patrimonio monumental, histórico e artístico. Existen lápidas, panteóns e mausoleos deseñados polos escultores Francisco Piñeiro Reigosa, o seu fillo Daniel Piñeiro, Manuel Malingre Parmentier, Victorio Macho, Antón Faílde Gago, Nicanor Carballo Garrido, Francisco Planás, Aniceto Justo Rodríguez, Felipe Oñate Castro ou o marmorista José Taboada González.

O cemiterio ten unha Asociación de Amigos, da que foi presidente de honra o poeta José Ángel Valente, soterrado no propio cemiterio desde o seu falecemento no ano 2000.

Persoeiros inhumados

Algúns persoeiros enterrados no camposanto: Ramón Otero Pedrayo Ramón Pedrayo Silva Eladia Pedrayo Josefa Bustamante Muñoz Eduardo Blanco Amor Xosé Ramón Fernández-Oxea "Ben-Cho-Shey" Florentino López Cuevillas Pío Ramón Ojea Alberto Vilanova Xaquín Lorenzo "Xocas" Xurxo Lorenzo Fernández Manuel Peña Rey Marcelo Macías Manuel Prego de Oliver Manuel Martínez-Risco Juan Manuel Paz Novoa Ramón Parada Justel Celso Vázquez-Gulías Gumersindo Parada Justel Jesús Soria Luís Trabazo Cándido Fernández Mazas Eduardo Moreno López Luís Fábrega Coello Pura Vázquez Dora Vázquez Juan Saco Maureso Anselmo López Morais Antón Tovar Ricardo Outeiriño Alejandro Outeiriño Olga Gallego José Fernández Vide Primitivo Rodríguez Sanjurjo Eleuterio González Sanjurjo Xavier Prado Rodríguez Valentín Lamas Carvajal José Ángel Valente Emilio Amor Rolán Camilo Feijoo Sotomayor Alejandro Rodríguez Veiras Pobre Asunción. Asunción foi unha muller ourensá, asasinada por unha exparella súa o venres santo de 1891, que lle disparou ao vela acompañada doutro home. Na súa lápida, deseñada por Juan Xesta, aparece o texto "¡Pobre Asunción!. Viernes S.Tº. del 91". É o primeiro caso de violencia de xénero documentado en Galicia, e cada 25 de novembro (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller) na súa tumba realízase unha ofrenda floral. Finados pola represión durante a guerra civil española

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía O cemiterio de San Francisco. Concello de Ourense. Ligazóns externas Turismo de Galicia Xunta de Galicia.

San Francisco Categoría:Arquitectura en Ourense Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Ourense