Kan Bahlam I ou Kan Balam I, nado o 18Florescano, 2009; 235 ou 20 de setembroTiesler, 2004; 192 de 524  e finado o 1 ou 3 de febreiro de 583, foi un ahau maia que gobernou a cidade estado de Palenque do ano 572 ao ano 583. É coñecido tamén como Chan Bahlum I en maia iucateco.

Traxectoria O seu nome en lingua maia clásico significa Serpe Xaguar ó cal nalgúns glifos maias se lle engade o apelativo de k'inich que significa radiante como un elemento honorífico con referencia ó Deus Sol, é dicir K'inich Kan Bahlam I ou Radiante Serpe Xaguar. De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.4.10.1.5 11 chickchan 13 chen, ascendeu ó trono o 9.6.18.5.12 10 eb 0 wo, equivalente ó 6 de abril de 572, cando tiña 47 anos de idade.Skidmore, 2008; 33

É moi probable que sexa fillo de K'an Joy Chitam ISkidmore, 2008; 35 e irmán máis novo do seu antecesor no trono Ahkal Mo' Naab' II, quen morreu inesperadamente o 21 de xullo de 570. Antes de que Kan B'alam I ascendese ó trono rexístrase un período de 624 días de interregnum.Tiesler, 2004; 244 O seu reinado atópase descrito na parede oriental do Templo das Inscricións. É tamén referido no lado occidental do sarcófago de Pakal "o Grande", onde se pode ver a súa representación iconográfica en altorrelevo, distíndose polo seu glifo e polo seu tocado, o cal é parte serpe e parte xaguar.Skidmore, 2008; 36 e 38 Tras gobernar once anos, Kan B'alam morreu o 9.7.9.5.5 11 chikchan 3 kayab.Skidmore, 2008; 37

Crese que a súa sucesora, Yohl Ik'nal, era a súa filla, aínda que tamén é posible que sexa a súa irmá.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 524 Categoría:Finados en 583 Categoría:Gobernantes de Palenque