Os Beijing Royal Fighters (chinés: 北京北控翱龙) son un equipo profesional de baloncesto chinés con sede na cidade de Pequín. Os Fly Dragons compiten na Division Norte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés. O equipo xoga os seus partidos como local no Estadio Nacional Cuberto de Pequín, recinto con capacidade para 6.000 espectadores, aínda que ocasionalmente xoga algúns partidos como local noutras cidades. O patrocinador do club é Beijing BG, mentres que a súa mascota é o dragón chinés.

Historia Os Beijing Beikong Fly Dragons foron fundados en 2009 na cidade de Guangzhou, onde recibiron o nome de Guangzhou Free Man. O club comezou competindo en cateogrías inferiores. No 2012 o club trasladouse a Chongqing e adoptou o nome de Fly Dragons. En 2014 entrou a formar parte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés, debido a unha ampliación da liga. Na súa primeira temporada o club ocupou a última posición da competición. Ao ano sieguiente a franquía foi vendida a North Control, instalándose en Beijing.

Xogadores Destacados

Josh Harrellson Stephon Marbury Errick McCollum Shavlik Randolph Willie Warren Dorell Wright Mehdi Kamrani Arsalan Kazemi Wael Arakji Esteban Batista Zaid Abbas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina da CBA

Categoría:Equipos de baloncesto da China