José Antonio Ortega Lara, nado en Montuenga (pedanía de Madrigalejo del Monte, provincia de Burgos) en 1958, é un funcionario de prisións español retirado.

Traxectoria

Mestre e licenciado en Dereito, permaneceu secuestrado pola organización terrorista ETA durante 532 días entre 1996 e 1997. Foi militante do Partido Popular entre 1987 e 2008. Actualmente vive en Burgos.

O 16 de xaneiro de 2014 presentou, como membro do Comité Executivo Provisional, o partido político Vox xunto con outros exmilitantes do Partido Popular, como Santiago Abascal, José Luís González Quirós e Ignacio Camuñas, entre outros, xerando unha alternativa á dereita do Partido Popular. O nome do partido é Vox e se autodefine como unha alternativa «rexeneradora» fronte ós dous partidos maioritarios, e que a súa fundación responde a un sentimento de orfandade política no centro dereita. Vox concorreu ás eleccións europeas de 2014 pero non obtivo representación.Tristeza y decepción en Vox tras los resultados de las Elecciones Europeas in libertaddigital.com

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados na provincia de Burgos Categoría:Políticos de Vox Categoría:Políticos do PP Categoría:Secuestrados por ETA