K'inich K'uk' B'ahlam II ou K'inich K'uk Balam II foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. Tamén é referido como Bahlum K'uk' II ou Mahk'ina Kuk. O seu nome pode ser traducido como Gran Sol Quetzal Xaguar ou Radiante Quetzal Xaguar. Gobernou do ano 764 ó 783.Florescano, 2009; 235
Traxectoria Foi fillo de K'inich Ahkal Mo' Naab III e Ix Men Nik, tamén coñecida como Ix Sajal Juj.Skidmore, 2008; 80Stuart, 2010; 157 De acordo ás inscricións atopadas en Palenque, o seu antecesor puido ser Upakal K'inich Janaab' Pakal de quen se descoñece a data final do seu goberno; porén, en Pomoná atopouse unha inscrición datada no ano 751 que se refire a un gobernante palencano a quen se chamou co nome de K'inich Kan Bahlam III.Skidmore, 2008; 88
De acordo á conta longa do calendario maia, K'inich K'uk' B'ahlam II foi entronizado o 9.16.13.0.7 9 manik 15 uo, é dicir, o 4 de marzo do ano 764. Durante o seu goberno foron tallados o taboleiro dos 96 glifos e o taboleiro da creación. Ambos os taboleiros, pertencentes ó Período Clásico tardío, son considerados os mellores logros escultóricos de xeroglíficos maias pola facilidade e precisión coa que parecen ser tallados os bloques de pedra.Miller, 2009; 109 No taboleiro dos 96 glifos atópase escrita a cronoloxía dinástica de Palenque a partir de K'inich Janaab' Pakal. O sucesor de K'uk B'alam II foi Wak Kimi Janaab' Pakal.Grube, 2006; 458
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Gobernantes de Palenque