dereita|miniatura|323x323px|Melba en Faust Dama Nellie Melba GBE nada en Richmond (Melbourne) o 19 de maio de 1861 e finada en Sydney o 23 de febreiro de 1931, nacida Helen "Nelie" Porter Mitchell, foi unha soprano operística australiana. Foi unha das máis famosas cantantes do fin da era vitoriana e do inicio do século XX. Foi a primeira australiana en recibir recoñecemento internacional como unha musicista clásica.
Melba estudou canto en Melbourne e fixo un modesto éxito en actuacións alí. Tras un breve e infeliz casamento, mudouse a Europa na procura dunha carreira no canto. Non encontrando traballos en Londres en 1886, estudou en París e axiña tivo un grande éxito en Bruxelas. Retornando á Londres rapidamente se estabeleceu como unha soprano lírica no Covent Garden, a partir de 1888. Alcanzou o éxito en París e en toda Europa e por último no Metropolitan Opera House de Nova York, debutando alí en 1893. O seu repertorio foi pequeno: en toda a súa carreira non cantou máis que 25 papeis e ficou lembrada con só dez. Foi coñecida polas súas interpretacións nas óperas francesas e italianas, mais tamén cantou ópera alemá.
Durante a primeira guerra mundial, Melba comezou as súas obras de caridade. Volveu a Australia frecuentemente durante o século XX, cantando en óperas e concertos e construíuse unha casa preto de Melbourne.
Traxectoria Primeiros anos Melba naceu en Richmond, Victoria, a máis vella dos sete fillos de David Mitchell e a súa esposa, Isabella Mitchell (nada Dorn).Steane, J. B. "Melba, Dame Nellie (1861–1931)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004; online edition, xaneiro de 2011, consultado o 24 de maio de 2011. (require subscrición ou ser socio da biblioteca pública do Reino Unido ) Mitchell, un escocés, emigrou a Australia en 1852, comezando unha carreira de éxito como construtor. Melba tivo clases de piano e a súa primeira presentación de canto en público tivo lugar aos seis anos de idade.Klein, Herman. "Melba: An Appreciation", The Musical Times, abril de 1931, páx. 305–308 (require subscrición) Foi educada nunha escola local e posteriormente no Colexio Presbiteriano para Mozas.Davidson, Jim. "Melba, Dame Nellie (1861–1931)", Australian Dictionary of Biography, online edition, Australian National University, 2006, consultado o 6 de xuño de 2010 Estudou canto con Mary Ellen Christian (unha alumna formada de Manuel García) e Pietro Cecchi, un tenor italiano que era moi respectado como profesor de canto en Melbourne. Melba continuou a presentarse, na adolescencia, en concertos afeccionados en toda Melbourne e tamén tocou o órgano na igrexa local. O seu pai encoraxouna a continuar os estudos musicais, mais desaprobou que levase o canto como profesión.Sadauskas, Andrew. "Melba Bashed by Cowardly Husband", Australian Stamps Professional, consultado o 23 de maio d e2011 A nai de Melba morreu repentinamente en 1880 e ela mudouse a Queensland.
En decembro de 1882, Melba casou con Charles Nesbitt Frederick Armstrong (1858-1948), o fillo máis novo de Sir Andrew Armstrong. Tiveron un fillo, George, nacido en 1883."Divorce of Madame Melba", The Morning Bulletin, 14 de abril de 1900, páx. 5 O casamento non tivo éxito; Charles agrediu a súa esposa máis dunha vez. A parella separouse tras un ano e Melba retornou a Melbourne determinada a seguir a carreira de cantante, debutando profesionalmente en concertos en 1884. Cun forte éxito local, viaxou a Londres na procura de oportunidades. A súa estrea no Prince's Hall foi en 1886, tendo pouca expresión, tendo feito un traballo sen éxito dunha obra de Sir Arthur Sullivan, Carl Rosa e Augustus Harris.Scott, 1977, páx. 28 Entón foi a París, para estudar coa profesora Mathilde Marchsi, que instantaneamente recoñeceu o potencial da moza cantante. Melba fixo un rápido progreso que a permitiu cantar a "Escena triste" de Hamlet de Ambroise Thomas no matinée musicale na casa de Marchesi en decembro de 1886, na presenza do compositor.
O talento da moza cantante era tan evidente, que só un ano despois de comezar as clases con Marchesi, pechou un contrato de dez anos co empresario Maurice Strakosch. Tras asinalo, recibiu unha oferta mellor do Teatro de La Monnaie, Bruxelas, mais Strakosch non estaba disposto a liberala. Acabou desesperada cando o asunto se resolveu coa morte repentina de Strakosch."Melodies and Memories", The Times Literary Supplement, 5 de novembro de 1925, páx. 738 Fixo a súa estrea operística como Gilda en Rigoletto de Giuseppe Verdi en La Monnaie o día 12 de outubro de 1887. O crítico Herman Klein describiu a súa Gilda como "un triunfo instantáneo do xeito máis enfático, seguido, poucas noites despois, dun éxito igual da súa Violetta en La traviata". Foi nesa época, en que Marchesi aconsellou que adoptase o nome de "Melba", unha contracción da súa cidade natal.
Londres, París e Nova York Melba fixo súa estrea no Covent Garden en maio de 1888, no papel título en Lucia di Lammermoor de Gaetano Donizetti. Ela recibiu unha recepción amable, mais non excitada. The Musical Times escribiu, "Madame Melba é unha vocalista fluente e unha representante respectable das partes de soprano leves, mais ela carece dun encanto persoal, necesario para as grandes figuras dos escenarios líricos"."Royal Italian Opera", The Musical Times, xullo de 1888, páx. 411 (require subscrición) Ela ficou ofendida cando Augustus Harris, entón responsable do Covent Garden, lle ofreceu o seu único papel, o pequeno Oscar de Un ballo in maschera, para a temporada seguinte."A Prima Donna – Madame Melba's Memories", The Times, 23 de outubro de 1925, páx. 8 Ela deixou a Inglaterra e nunca máis volveu. O ano seguinte, presentouse na Opéra de París, no papel de Ophélie en Hamlet."France", The Times, 10 de maio de 1889, páx. 5 esquerda|miniatura|265x265px Melba foi persuadida por Lady de Grey a volver a Inglaterra e Harris colocouna en Romeu e Xulieta, que foi presentada en xuño de 1889, coprotagonizada con Jean de Reszke. Trala súa presentación, volveu a París como Ophélie, Lucia di Lammermoor, Gilda en Rigoletto, Marguerite en Faust e Julieta. En óperas francesas, a súa pronuncia foi pobre, mais o compositor Léo Delibes dixo que non lle importaba se cantaba en francés, italiano, alemán, inglés ou chinés, mentres ela cantase.
No comezo da década de 1890, Melba embarcou nunha relación co príncipe Filipe, Duque de Orleáns. Eles eran vistos xuntos frecuentemente en Londres e as sospeitas eran grandes, mais aumentaron cando Melba viaxou por toda a Europa ata San Petersburgo para cantar para o tsar Nicolao II e o Duque a seguiu de preto e foron vistos xuntos en París, Bruxelas, Viena e San Petersburgo. Armstrong seguiu os procesos para o divorcio, acusando a Melba de adulterio, nomeando o Duque como correspondente; el foi persuadido a prolongar o caso, mais o Duque decidiu facer un safari de dous anos por África (sen Melba), o que foi apropiado para o momento. El e Melba nunca falaron sobre a súa relación.The Times, 5 de novembro de 1891, p. 5; 6 de novembro de 1891, p. 9; 20 de febreiro de 1892, p. 5; 17 de febreiro de 1892, páx. 13; 12 de marzo de 1892, páx. 16; 14 de marzo de 1892, p. 3; e 24 de marzo de 1892, páx. 3 Nos primeiros anos da década, Melba apareceu nas maiores casas de ópera, incluíndo Milán, Berlín e Viena.
Melba cantou o papel de Nedda en Pagliacci no Covent Garden en 1893, logo da première italiana da obra."A week's musical topics", The New York Times, 4 de xuño de 1893 O compositor estaba presente e dixo que o papel nunca fora cantado tan ben. En decembro do mesmo ano, Melba cantou no Metropolitan Opera House en Nova York por primeira vez. Como no seu debut no Covent Garden, apareceu no Met como Lucia e como aconteceu no Covent Garden, tivo un pequeno éxito."'Lucia' at the Opera", The New York Times, 5 de decembro de 1893 A súa interpretación en Romeu e Xulieta, no fin da temporada, foi un triunfo e estabilizouna como unha prima donna, sucedendo a Adelina Patti.Conrad, páx. 249
A partir da década de 1890, Melba cantou a maior parte das súas interpretacións no Covent Garden, a maioría delas no repertorio de soprano lírico, mais con papeis máis pesados, tamén. Cantou os papeis de Elaine"The Opera", The Times, 6 de xullo de 1892, p. 9 de Herman Bemberg e Esmeralda"Royal Opera", The Times, 4 de xaneiro de 1908, páx. 7 de Arthur Goring Thomas. As súas personaxes italianas incluíron Gilda en Rigoletto, Aida, Desdemona en Otello, Luisa en I Rantzau de Pietro Mascagni, Nedda en Pagliacci, Rosina en Il barbiere di Siviglia, Violetta en La traviata"Royal Opera", The Times, 26 de xullo de 1898, páx. 8 e Mimi en La Bohème."Royal Italian Opera," The Times, 10 de xuño de 1889, páx. 8"Royal Opera — Otello", The Times, 2 de xullo de 1908, páx. 13"The Opera", The Times, 20 de maio de 1893, páx. 8"Royal Opera", The Times, 9 de xullo de 1898, p. 10 O seu repertorio francés contaba con Xulieta en Romeu e Xulieta, Marguerite en Faust, Marguerite en Les Huguenots, Hélène de Camille Saint-Saëns (que foi escrito para ela ) e Micaëla en Carmen."Royal Italian Opera," The Times, 4 de xuño de 1890, páx. 8"Royal Opera", The Times, 4 de xuño de 1894, páx. 11"Royal Opera", The Times, 1 de xullo de 1895, páx. 8"Royal Italian Opera", The Times, 6 de xullo de 1891, páx. 8
Melba non foi moi recoñecida como unha cantante wagneriana, cantando ocasionalmente Elsa en Lohengrin e Elisabeth en Tannhäuser. Ela recibiu un correcto recoñecemento neses papeis.Shaw, páx. 95 En 1896, no Metropolitan Opera House, ela interpretou o papel de Brünnhilde en Sigurd, no cal non tivo moito éxito. O seu papel máis frecuente nesa casa foi Marguerite de Faust, de Charles Gounod, papel que ela estudou coa supervisión do propio compositor. Nunca cantou ningunha das óperas de Wolfgang Amadeus Mozart, a pesar de ter a voz ideal para esas óperas.
O seu repertorio en toda a carreira contou con 25 papeis, dos cales, o obituarista do The Times escribiu: "só dez desas operas serán lembradas como dela mesma".
Século XX dereita|miniatura|351x351px Xa estabelecida como estrela líder na Gran Bretaña e nos Estados Unidos, Melba fixo súa primeira visita a Australia en 1902-03 para unha xira de concertos, tamén facendo xiros en Nova Zelandia.Otago Daily Times, 17 de febreiro de 1903, páx. 6 Os lucros foron tantos, que ela volveu para catro xiras máis durante súa carreira. En Gran Bretaña, Melba fixo unha campaña da ópera La Bohème de Giacomo Puccini. Cantou a parte de Mimi por primeira vez en 1899, estudando co propio compositor.Shawe-Taylor, Desmond. "Melba, Dame Nellie," Grove Music Online. Oxford Music Online, consultado o 25 de maio de 2011 (require subscrición) O entusiasmo do público foi tal, que a peza volveu ser representada en 1902, cando actuou con Enrico Caruso por primeira vez no Covent Garden, primeira de varias. Ela cantou Mimi para Oscar Hammerstein I na súa casa de ópera de Nova York en 1907. Tralo seu éxito inicial en Bruxelas e París na década de 1880, Melba cantou sen frecuencia no continente europeo.Jefferson, páx. 143