miniatura|240px|Concellos da comarca de Ferrol:1. Ares2. Cedeira3. Fene4. Ferrol5. Moeche6. Mugardos7. Narón8. Neda9. San Sadurniño10. As Somozas11. Valdoviño
A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. Abrangue once concellos: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,45 km² e no ano 2000 tiña 151.822 habitantes. Xunto coas comarcas de Eume e Ortegal, integra a ambigua e non oficial Ferrolterra.
Descrición A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas: Os concellos bañados pola ría de Ferrol: Fene, Ferrol e Narón. Son pequenos en extensión e algúns teñen gran densidade de poboación. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977. Unha segunda zona, a máis afastada, esténdese polos concellos de Neda, Ares, Mugardos, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas. A terceira consiste en Cedeira.
En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias. Ferrol é o concello de maior importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
Demografía
Padrón municipal 2020 151.822 habitantes Menores de 15 anos 18.365 (12,10%) Entre 16 e 64 anos 92.495 (60,92%) Maiores de 65 anos 40.962 (26,98%)
Concellos
Pertencen á comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:
Ares Cedeira Fene Ferrol Moeche Mugardos Narón Neda San Sadurniño As Somozas Valdoviño
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Romero Masiá, A. M. e Pose Mesura, X. M. 1986. Catalogación arqueolóxica da Ría de Ferrol. Sada, Museo Arqueolóxico Provincial - Concello de A Coruña (Monografía urxentes do Museu, 2).
Outros artigos Terra de Trasancos
Ligazóns externas Sitio web oficial da comarca de Ferrol
Ferrol, Comarca de