A comarca de Eume"Corrección do DOG nº 71 do 15/04/1997" é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrol e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao leste coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo. A capital da comarca é PontedeumeEume | Agader

Características Ten unha superficie total de 538,61 km², o que supón o 1,95% da superficie total de Galiza. A comarca recibe o seu nome do río Eume, río que alberga nas súas marxes o parque natural das Fragas do Eume, no que se atopan o medieval mosteiro de San Xoán de Caaveiro e o mosteiro de Monfero.

Demografía

A poboación total da comarca era de 24.223 habitantes no 2020, aproximadamente o 0,9% do total da poboación galega, e a densidade de poboación é de 44,97 habitantes por km².

Padrón municipal 2020 24.223 habitantes Menores de 15 anos 2.558 (10,56 %) Entre 16 e 64 anos 14.910 (61,55 %) Maiores de 65 anos 6.755 (27,89 %)

Concellos da comarca do Eume Comarca do Eume Concello Poboación(2020) Extensión(km²) Densidade(hab./km²)20px 25px A Capela1 221 58,0021,0520px 25px As Pontes de García Rodríguez10 068249,3740,3720px 25px Cabanas3 27430,30108,0520px 25px Pontedeume7 75329,26 264,9720px 25px Monfero1 907 171,67 11,11 Eume24 223538,61 44,97 300px

Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Eume

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Eumeturismo.org

Eume, Comarca do