François Alexandre Pierre de Garsault, nado o 16 de abril de 1691 en Aix-en-Provence, e finado o 3 de agosto de 1778 en París, foi un botánico, zoólogo e ilustrador francés, que foi membro da Academia Francesa das Ciencias.
Traxectoria François-Alexandre de Garsault reibiu unha educación moi completa que lle permitiu escribir sobre unha ampla variedade de asuntos. Publicou varios libros sobre o tema ecuestre. Le Nouveau Parfait Maréchal, un traballo popular sobre o cabalo publicado en 1741, para o que tamén debuxa ilustracións, tivo un grande éxito durante o século XVIII.
Dotado cunha boa cultura científica, publicou tamén escritos sobre botánica (por exemplo, estaba moi interesado nas pteridófitas e nas espermatófitas),Garsault, François Alexandre Pierre de (1691-1778) no sitio do International Plant Names Index. Consultada o 19 de xaneiro dde 2019. e zooloxía, especialmente Figures des plantes et animaux d'usage en médecine en 1764. Participou en numerosas obras para o Academia das Ciencias de Francia sobre varios ofiocios.Garsault, François-Alexandre-Pierre de (1777): L'art du bourrelier et du sellier. Consultado o 19 de xaneiro de 2019.
François-Alexandre de Garsault publicou numersoas obras co seu nome, ilustrou as obras científicas doutros autores e traduciu unha obra do inglés.
Algunhas das súas obras foron traducidas ao español, ao alemán e ao inglés.
Algunhas publicacións 1764 - Le Nouveau Parfait Maréchal. 5 vols. [xxxiv: prefacio, táboas, aprobación, privilexios], 641 pp.; retrato de Garsault en frontispicio, 29 pranchas gravadas, 20 pranchas botánicas. 1767 - Les figures des plantes et animaux d'usage en médecine. 1769 - Art du tailleur. Ed. imp. de Delatour. 60 pp.-17 pl. Catálogo de arte en liña Frontispicio da obra.
Taxons descritos Bufo Garsault, 1764 Coturnix Garsault, 1764 Cygnus Garsault, 1764 Salamandra Garsault, 1764
Abreviatura A abreviatura Garsault emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica,Garsault, François Alexandre Pierre de (1691-1778) no IPNI. e en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1691 Categoría:Nados en Aix-en-Provence Categoría:Finados en 1778