Andrónico Tarcaniota (en grego: Ανδρόνικος Ταρχανειώτης, trans. Andrónikos Tarchaneiotes), finado en 1283, foi un nobre bizantino co cargo de megaconostaulo. Traxectoria Era fillo do megadoméstico Nicéforo Tarcaniota e irmán do protovestiarios Miguel Tarcaniota e do xeneral Xoán Tarcaniota. Casou cunha filla de Xoán I Ducas de Tesalia nun matrimonio arranxado polo emperador bizantino Miguel VIII Paleólogo na súa política de establecer estreitas relacións con Xoán. O seu plan, con todo, non tivo éxito e Andrónico apoiou ao seu sogro contra o emperador. Despois, debido a problemas familiares, Andrónico retomou o seu apoio ao emperador Miguel e acabou por derrotar ao seu sogro. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 1283 Categoría:Imperio Bizantino