Otto Rank, de nacemento Otto Rosenfeld, nado en Viena o 22 de abril de 1884 e finado en Nova York o 31 de outubro de 1939, foi un psicanalista, escritor e profesor austríaco. Traballou xunto a Sigmund Freud durante vinte anos e editou dúas importantes revistas sobre psicanálise.
Traxectoria Otto Rank foi fillo do artesán artístico de orixe xudía Simon Rosenfeld. A partir de 1908 estudou xermanística e filoloxía clásica en Viena e en 1912 obtivo o seu doutoramento cun traballo sobre o poema épico alemán Lohengrin (Die Lohengrin Sage) e dedicouse a temas de antropoloxía cultural, historia da cultura e mitoloxía.
Rank foi un dos primeiros discípulos de Sigmund Freud e formaba parte dos seus colaboradores de máis confianza. Foi secretario da Asociación Psicanalítica de Viena e entre 1912 e 1924 membro do comité editorial da revista internacional de psicanálise Imago. En 1919 fundou a editorial Internationalen Psychoanalytischen Verlag, institución que dirixiu ata 1924.
As teses sobre a anguria do nacemento expostas na súa obra principal Trauma der Geburt und seine Bedeutung für die Psychoanalyse ("Trauma do nacemento e o seu significado para a psicanálise", 1924) levaron a un distanciamento de Freud. Ampliou o alcance da psicanálise ao campo da psicose.
En 1926 Rank mudouse a París e en 1936 estableceuse como psicoterapeuta en Nova York. Fundou a escola Casework que propuña unha limitación do tempo en que debía transcorrer un proceso de terapia.
Obra Der Künstler : Ansätze zu einer Sexual-Psychologie (1907) Der Mythus von der Geburt des Helden : Versuch einer psychologischen Mythendeutung (1909) Die Lohengrinsage : Ein Beitrag zu ihrer Motivgestaltung und Deutung (1911) Das Inzest-Motiv in Dichtung und Sage : Grundzüge einer Psychologie des dichterischen Schaffens (1912) Die Bedeutung der Psychoanalyse für die Geisteswissenschaften (con Hanns Sachs; 1913) Don Juan, eine Gestalt (1914) Psychoanalytische Beiträge zur Mythenforschung (1919) Das Trauma der Geburt und seine Bedeutung für die Psychoanalyse (1924): Neuausgabe: Giessen: Psychosozial-Verlag, 2., unveränd. Nachdr. 2007, ISBN 978-3-89806-703-4 Der Doppelgänger. Eine psychoanalytische Studie (1925), Neuausgabe: Viena: Turia & Kant, 1993, ISBN 978-3-85132-062-6 A Psychology of Difference: The American Lectures, Princeton University Press, 1996, ISBN 0-691-04470-8 Kunst und Künstler : Studien zur Genese und Entwicklung des Schaffensdranges, Erstveröff. des dt. Urmanuskriptes von 1932. - Gießen: Psychosozial-Verl., 2000, ISBN 3-89806-023-3 Erziehung und Weltanschauung : Eine Kritik d. psychol. Erziehungs-Ideologie, München : Reinhardt, 1933 Technik der Psychoanalyse (3 Bände; 1926-31), Neuausgabe: Gießen : Psychosozial-Verl., 2005 Entwicklungsziele der Psychoanalyse: zur Wechselbeziehung von Theorie und Praxis (con Sándor Ferenczi; 1924), Neuausgabe: Viena: Turia und Kant, 1995, 2. Aufl. 2009, ISBN 978-3-85132-493-8 Der Mythos von der Geburt des Helden : Versuch einer psychologischen Mythendeutung, Nachdr. der 2. Aufl. von 1922. - Viena: Turia und Kant, 2000, 2. Aufl. 2009, ISBN 978-3-85132-498-3
Véxase tamén
Bibliografía
Marina Leitner, Freud, Rank, und die Folgen : ein Schlüsselkonflikt für die Psychoanalyse, Viena: Turia + Kant, 1998 Lieberman, E. James: Otto Rank. Leben und Werk, Gießen : Psychosozial-Verl., 1997, ISBN 978-3-932133-13-8 Die Wiederentdeckung Otto Ranks für die Psychoanalyse, hrg. von Ludwig Janus, Gießen : Psychosozial-Verl., 1998, ISBN 978-3-932133-54-1 Paul Roazen: Otto Rank: Söhne und Väter, en: Sigmund Freud und sein Kreis'', Gießen : Psychosozial-Verlag, 1997, S. 379-404. ISBN 3-930096-77-3 Ligazóns externas OttoRank.com The Ernest Becker Foundation International Psychoanalytical Association O Mito do Nacemento do Heroe () Otto Rank - vergessener Pionier der Psychoanalyse ()
Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Psicólogos de Austria Categoría:Psicanalistas de Austria Categoría:Editores Categoría:Escritores de Austria Categoría:Escritores en lingua alemá