José Fernández Miniño, nado no Porriño cara a 1894 e finado en Guillarei (Tui) o 16 de agosto de 1936, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
miniatura|250px|Monumento aos asasinados na Volta da Moura.
Fabricante de calzado no Porriño, chegou a instalar un segundo comercio en Tui en 1934. Formou parte da Federación Obrera Local e mantivo relación co Centro de Estudios Sociales y Científicos do Porriño. Colaborou no Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e sometido a un proceso militar. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 16 de agosto de 1936 con Joaquín Alonso Granados. Vida persoal
Casou con Consolación Pereiro Trelles (finada en 1975),El Pueblo Gallego, 10-1-1975, p. 12. e foi pai de Antonio, Carmen, José, Jesús e Enrique Fernández Pereiro.El Pueblo Gallego, 21-4-1965, p. 17. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1894 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos