«Voi, Voi» (en galego: «Hey, hey») é unha canción composta por George Elgaaen e interpretada en noruegués por Nora Brockstedt. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Karusell. Foi elixida para representar a Noruega no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional norueguesa, Melodi Grand Prix 1960.

Festival de Eurovisión 1960 miniatura|esquerda|Nora Brockstedt, intérprete da canción, en 1962. Selección «Voi, Voi» cualificouse para representar a Noruega no Festival de Eurovisión 1960 tras gaña-la final nacional norueguesa, Melodi Grand Prix 1960.

No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada pola cantante norueguesa Nora Brockstedt. A orquestra foi dirixida por Øivind Bergh.

Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Mon amour pour toi» e precedendo a Austria con Harry Winter interpretando «Du hast mich so fasziniert». Ao final das votacións, a canción recibiu 11 puntos, obtendo o cuarto posto de 13 xunto a Alemaña.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Noruega no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua norueguesa Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Sinxelos de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións de Noruega en Eurovisión