«Alla andra får varann» é unha canción composta por Ulf Kjellqvist e interpretada en sueco, por separado, por Östen Warnerbring e Inger Berggren. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Decca Records e Knäppupp, respectivamente. Foi elixida para representar a Suecia no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional sueca, Melodifestivalen 1960.
Festival de Eurovisión 1960 miniatura|esquerda|Siw Malmkvist, intérprete da canción no Festival de Eurovisión, en 1961. Selección «Alla andra får varann» cualificouse para representar a Suecia no Festival de Eurovisión 1960 tras gaña-la final nacional sueca, Melodifestivalen 1960, onde foi interpretada, por separado, por Östen Warnerbring e Inger Berggren. Máis tarde, a emisora sueca Sveriges Radio decidiu que Siw Malmkvist interpretase a canción no festival.
No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada pola cantante sueca Siw Malmkvist. A orquestra foi dirixida por Thore Ehrling.
Foi interpretada en segundo lugar, seguindo ao Reino Unido con Bryan Johnson interpretando «Looking High, High, High» e precedendo a Luxemburgo con Camillo Felgen interpretando «So laang we's du do bast». Ao final das votacións, a canción recibiu 4 puntos, obtendo o décimo posto de 13 xunto a Dinamarca.
Versións En 1960, a cantante sueca Mona Grain tamén gravou a canción.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Suecia no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua sueca Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Sinxelos de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións de Suecia en Eurovisión