A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.
Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.
Historia da Unión Soviética
Revolución e fundación da Unión Soviética miniatura|esquerda|Cartel sobre as chemineas da Rusia Soviética|260x260px O ano de 1905 é considerado o prólogo da Revolución Rusa. A Rusia tsarista acabara de ser derrotada nunha guerra contra un Xapón pequeno e tecnoloxicamente atrasado. A derrota abalou a popularidade do tsar Nicolao II, e a revolta interna que se seguiu serviría de precedente para a revolución de 1917.
O Partido Socialdemócrata Ruso, dividido nas correntes Bolxevique e Menxevique (en ruso maioría e minoría respectivamente) comezou a Revolución Rusa en 1917 en dúas etapas distintas. O derrube do tsar ocorreu en febreiro, sendo instaurada entón unha república cunha estrutura de poder que dende cedo se dividiu entre un parlamento convencional e soviets (consellos) populares que non se recoñecían mutuamente. As tensións así xeradas desembocaron na Revolución de Outubro, en novembro de 1917. Entre 1918 e 1922, logo da Revolución Bolxevique, tivo inicio a guerra civil na Rusia, entre os revolucionarios (vermellos) e os contra-revolucionarios (brancos), que tiveron o auxilio de tropas estranxeiras de intervención, enviadas por Francia, Reino Unido, o Xapón e os Estados Unidos.
O 29 de decembro de 1922 unha conferencia de delegacións plenipotenciarias da RSFS de Rusia, RFSS de Transcaucasia, a RSS de Ucraína e a RSS de Belarús aprobaron o Tratado de Creación da URSS e a Declaración da Creación da URSS, formándose a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Estes dous documentos foron confirmados polo primeiro Congreso soviético da URSS e asinados polas cabezas das delegacións Mikhail Kalinin, Mikha Tskhakaya, Mikhail Frunze e Grigory Petrovsky, e Aleksandr Chervyakov respectivamente o 30 de decembro de 1922. O 1 de febreiro de 1924 a URSS foi recoñecida pola primeira potencia mundial da época, o Imperio británico.
A reestruturación intensiva da economía, a industria e a política do país empezaron desde os primeiros días do poder soviético en 1917. Polo tanto, Lenin implantou a NEP, sigla para Nova Política Económica, que recuperou algúns trazos do capitalismo para incentivar a nacente economía soviética. A NEP, segundo Lenin, consistía nun recúo estratéxico caracterizado polo restablecemento da libre iniciativa e da pequena propiedade privada, admitindo o apoio de financiamentos estranxeiros.
Economía planificada e expurgos
En 1936, o réxime de Iosif Stalin expulsou ou executou un número considerable de membros do Partido, entre eles moitos dos seus opositores, nos actos que ficaron coñecidos como os Grandes Expurgos ou as Grandes Purgas. Con todo, eles acreditaban que este sería o camiño para o comunismo, mais o rumbo desa forma social xa estaba trazado de forma totalmente distinta do que Marx e Lenin pensaban, no canto de enfocarse cara á disolución do propio Estado e das clases sociais, o réxime baixo o comando de Stalin camiñaba para a cristalización (a idea de socialismo dentro dun só país).
Entre as circunstancias que produciron ese efecto cóntanse as nacionalizacións e a aniquilación física da clase burguesa que o NEP recriara, co recurso aos Gulags (campos de traballo na Siberia). Os verdadeiros comunistas critican esta forma que Stalin utilizou para liquidar a propiedade privada, por non concordaren con ela, e por acharen que ela só manchaba a imaxe do comunismo perante o mundo pois o mesmo efecto podería ser obtido sen a aniquilación física daquela clase. O desastre e a truculencia autoritaria das políticas stalinistas contribuíron moito para a deturpación do concepto creado por Marx, de ditadura do proletariado. Despois das nacionalizacións, a economía foi planificada, de modo que esta puidese tirar proveito da súa nacionalización. De cinco en cinco anos pasouse a realizar plans quinquenais, nos cales se decidían que fondos serían aplicados e en que áreas.
Gran guerra patriótica e desestalinización Do 1941 a 1945, a participación da Unión Soviética na segunda guerra mundial foi coñecida como a gran guerra patriótica, combatendo os soviéticos contra as forzas invasoras da Alemaña nazi, ao lado dos Aliados occidentais (resultando aproximadamente tres millóns de mortos rusos). O sucesor de Stalin, Nikita Khrushchev, emprendeu unha política de denuncia dos abusos do seu antecesor. Durante o Congreso de 1956 do Partido Comunista da Unión Soviética, Kruschev divulgou unha serie de crimes de Stalin, renegando a herdanza do estalinismo, establecendo, así, unha nova postura e creando un novo paradigma para o comunismo internacional. A propaganda capitalista utilizou moitos dos argumentos xerados por Kruschev para facer fronte á URSS.
Como resultado da guerra fría, a Unión Soviética viuse envolvida nunha carreira pola conquista do espazo cos Estados Unidos. Finalmente a Unión Soviética foi a nación que tomou a dianteira na exploración espacial ao enviar o primeiro satélite artificial, o Sputnik 1, e o primeiro home ao espazo, Iuri Gagarin. Gran parte dos feitos espaciais da Unión Soviética débense ao talento do enxeñeiro de foguetes Sergei Korolev, o enxeñeiro-xefe do programa espacial soviético, que convenceu ao líder Nikita Khrushchev da importancia da conquista do Espazo. Entre 1956 e 1985, a Unión Soviética atinxiu o seu auxe xeopolítico e tecnolóxico. Entre tanto, tamén foi época de pouco crecemento económico e lentos avances na calidade de vida da poboación.
Gorbachev, Perestroika e Glasnost miniatura|esquerda|Mikhail Gorbachev Mikhail Gorbachev foi o último dirixente soviético. Asumiu o cargo de secretario xeral do PCUS (Partido Comunista da Unión Soviética) en marzo de 1985, substituíndo a Konstantin Chernenko, quen faleceu naquel ano. A boa relación cos membros do partido e a habilidade política foron factores que credenciaron a Gorbachev para asumir o posto máis importante na xerarquía administrativa soviética. Defensor de ideas modernizadoras, instituíu dous grandes proxectos innovadores ao conservadorismo dos dirixentes: a perestroika (reestruturación económica) e a glasnost (abertura política).
A Perestroika, que comezou no 1986, foi concibida para introducir un novo dinamismo na economía soviética, que pasaba por serios problemas. Para que os sectores económicos do país tivesen unha expansión cualitativa e cuantitativa, foron introducidos mecanismos para estimular a libre concorrencia (e acabar co monopolio estatal), desenvolver sectores secundarios de produción (bens de consumo e servizos non-esenciais) a través da iniciativa privada e descentralizar as operacións empresariais. No campo, foi estimulada a creación de cooperativas por grupos familiares e arrendamento de terras estatais. A proposta tamén foi incentivar empresas estranxeiras a actuaren no país.
Na área política e social, a Glasnost pretendeu colocar novos paradigmas no modo de vida soviético. Para que a Unión Soviética tivese un desenvolvemento forte, era necesario colocar unha nova mentalidade en todos os segmentos da sociedade. Así, a proposta foi de acabar coa burocracia política, combater a corrupción e introducir a democracia en todos os niveis de participación política. A glasnost tamén liberou disidentes políticos e permitiu a liberdade de prensa e expresión. Gorbachev enfrontouse a grandes resistencias da oligarquía e dos burócratas do partido (os apparatchiks) e acabou sendo destituído cando as repúblicas, lideradas por Rusia xa entón dirixida por un antigo apparatchik de nome Boris Eltsin, rebeláronse contra o goberno central, decretando a fin da URSS.
Repúblicas Soviéticas miniatura|220px|Sala do Museo da era soviética de Bixkek coas bandeiras das repúblicas. A Unión Soviética foi unha federación de Repúblicas soviéticas socialistas (RSS). As primeiras Repúblicas foron establecidas pouco despois da Revolución de outubro de 1917. Naquel momento, as repúblicas foron tecnicamente independentes unha da outra mais os seus gobernos actuaron como unha confederación coordinada dirixida polo liderado do PCUS. En 1922, catro Repúblicas (RSSF de Rusia, RSS de Ucraína, RSS de Belarús e Federación Transcaucásica) uníronse na Unión Soviética. Entre 1922 e 1940, o número de Repúblicas creceu até dezaseis. Parte das novas Repúblicas foron formadas con territorios adquiridos, ou readquiridos pola Unión Soviética, outras por división das Repúblicas existentes. Os criterios para establecer novas repúblicas eran estar localizado na periferia da Unión Soviética para ser capaz de exercitar o seu dereito á secesión, ser dabondo forte economicamente como para sobrevivir por si mesmos en caso de secesión e ser denominada a partir dunha etnia dominante de polo menos un millón de persoas.
O sistema quedou case igual despois de 1940 e non foron establecidas novas repúblicas. Unha república, a República Socialista Soviética Carelo-Finesa, foi disolta en 1956 e o seu territorio chegou a ser formalmente a República Socialista Soviética Autónoma de Carelia dentro da RSSF de Rusia, así até 1991 quedaron quince repúblicas. Aínda que as constitucións soviéticas establecesen o dereito dunha república a separarse, quedou en teórico e moi improbable dado o centralismo soviético, até 1991 co esborralle da Unión. Naquel momento, as repúblicas chegaron a ser países independentes, con algunha aínda frouxa organización baixo o título de Comunidade de Estados Independentes. Algunhas repúblicas que tiñan en común a historia ou a rexión xeográfica, foron denominadas por nomes de grupo; estas foron as Repúblicas bálticas, as Repúblicas Transcaucásicas, e as Repúblicas de Asia Central. No seu estado final, a Unión Soviética consistiu nas repúblicas seguintes:
Repúblicas da Unión Soviética (1956 — 1989)Bandeira República Capital Mapa da Unión Soviética 1 50px RSS de Armenia Iereván 520px|centro|Republics of the Soviet Union 2 50px RSS de Azerbaidján Bakú 3 50px RSS de Belarús Minsk 4 50px RSS de Estonia Tallinn 5 50px RSS de Xeorxia Tbilisi 6 50px RSS de Kazakhstán Alma-Ata 7 50px RSS de Kirguizistán Frunze 8 50px RSS de Letonia Riga 9 50px RSS de Lituania Vilnius 10 50px RSS de Moldova Kishinev 11 50px RSSF de Rusia Moscova 12 50px RSS de Tadjiikistán Dushanbe 13 50px RSS de Turkmenistán Achkhabad 14 50px RSS de Ucraína Kíiv 15 50px RSS de Uzbekistán Tashkent
Entre 1922 e 1936, as RSS de Armenia, Xeorxia e Acerbaixán estiveron confederadas dentro da URSS formando a República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (RSSF Transcaucásica) Entre 1940 e 1956 existiu a República Socialista Soviética Carelo-Finesa</small>
Goberno e política