Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. Toda esta comarca forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.
Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.
Xeografía Situación A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.
Orografía Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón: Alto da Veneira (1.164 m) Alto da Serra (1.137 m) Chao das Lagas (1.060 m) Alto da Chá (1.021 m)
Hidrografía Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. En Monforte consérvase a Ponte Vella sobre este río, un dos monumentos característicos da vila. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.
Clima O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse puntualmente a superar temperaturas máximas de 40º; e algunhas noites quedan preto dos 5º.
Demografía miniatura|O mosteiro de San Vicente do Pino dende o río Cabe, en Monforte de Lemos. miniatura|Casa do Concello de Ferreira de Pantón.A poboación era, en 2020, de 29.780 habitantes distribuídos así:
ConcelloHabitantes20px Monforte de Lemos18.34720px O Saviñao3.63420px Pantón2.45720px Sober2.26020px A Pobra do Brollón1.63220px Bóveda1.450 Padrón municipal 2020 29.780 habitantes Menores de 15 anos 2.769 (9,30 %) Entre 16 e 64 anos 16.602 (55,75 %) Maiores de 65 anos 10.409 (34,95 %)
Localidades máis poboadas No 2020 as entidades máis poboadas segundo o IGE eran: Monforte de Lemos: 15.993 hab. Escairón: 877 hab. O Castro de Ferreira: 408 hab. Bóveda: 389 hab. Sober: 338 hab. Rubián: 270 hab. A Pobra do Brollón: 257 hab. Tuiriz: 155 hab.
Infraestruturas de transporte Na comarca de Terra de Lemos únense as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.
Principais estradas A estrada N-120 Ourense-Monforte de Lemos-Ponferrada: liga coas autovías A-52 en Ourense e A-6 en Ponferrada. O corredor CG-2.1 Lalín-Chantada-Monforte de Lemos: liga en Lalín coa autoestrada AP-53 Santiago de Compostela-Ourense. O corredor CG-2.2 Nadela-Sarria-Monforte de Lemos: liga coa N-120 en Monforte e coa A-6 en Lugo. A estrada LU-546 Lugo-Sarria-Monforte de Lemos LU-652 Bóveda-A Estación: une as estradas N-120 e LU-546 sen pasar por Monforte de Lemos e facilitando os traxectos entre Lugo e Ponferrada.
Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción.
Ferrocarril Na comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril: A Coruña-Palencia, pasando por Monforte de Lemos. Vigo-Ourense-Monforte de Lemos.
Hai 7 estacións na comarca: Monforte de Lemos (presta servizo para pasaxeiros de longo percorrido e media distancia, e mercancías), A Pobra do Brollón, Canaval, Areas, Santo Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros de media distancia) e Rubián (só para mercancías).
Galería de imaxes
Notas
Terra de Lemos