A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Demografía

Poboación estranxeira: 20.180 (2020) Idade media: 45,3 anos (2020) Saldo vexetativo: -1.090 (2019) Saldo migratorio: +2.915 (2019)

Padrón municipal 2020 426.834 habitantes Menores de 15 anos 58.927 (13,81 %) Entre 16 e 64 anos 274.015 (64,20 %) Maiores de 64 anos 93.892 (22,00 %)

ConcelloN.º deparroquias Habitantes1991199620012006201120162020Baiona510.12210.49910.87311.65312.25812.11912.129Fornelos de Montes72.4782.4102.2302.0422.0021.7481.598Gondomar1010.55111.14711.63112.88813.97314.19214.702Mos1013.43513.75513.92014.28314.94215.24015.063Nigrán714.18215.19716.30217.63117.87917.59317.745Pazos de Borbén83.5003.2853.0893.1793.192 3.0042.965O Porriño815.17515.74916.07616.61718.07519.56720.100Redondela1328.01428.89329.09030.02930.00629.56329.241Salceda de Caselas75.7136.0746.3497.4028.6658.9149.173Soutomaior24.9595.2365.3986.1107.2237.2517.426Vigo23276.109286.774287.282293.255297.241292.817296.692Total100384.238399.019402.240415.089425.456422.008426.834 Fonte: IGE

Comarcas históricas thumb|Mapa das comarcas históricas da comarca de Vigo. A comarca de Vigo noutrora estivo dividida en seis comarcas: Comarca do Val Miñor Comarca do Val do Fragoso Comarca de Mañó Comarca de Terra de Montes Comarca da Louriña Comarca da Entenza

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV)

Vigo