A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, O Riós, Verín e Vilardevós.
Demografía
Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.
Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%). O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.
A poboación estranxeira da comarca ascendía en 2020 a 2.004 habitantes. A idade media era de 52,68 anos.
Padrón municipal 2020 24.999 habitantes Menores de 15 anos 2.249 (9,00 %) Entre 16 e 64 anos 14.077 (56,31 %) Maiores de 65 anos 8.673 (34,69 %)
Particularidades
Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.
Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Verín
Notas
Verín, Comarca de