Narón é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrol, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2020 tiña 39.056 habitantes (20.177 mulleres e 18.879 homes), o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, Freixeiro e Xuvia, e mais polas parroquias de San Martiño e Santa Icía de Xuvia. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.
Xeografía miniatura|esquerda|Pena Lopesa. Narón ten unha superficie duns 66 km² e debuxa un perímetro irregular. Dende a ría de Ferrol onde desemboca o río Inxerto e seguindo o seu curso hoxe totalmente canalizado ao seu paso pola Gándara (baixo a Estrada de Castelao) ata as vivendas da Virxe do Mar. Cos anos a urbanización da Gándara fixo que se modificasen eses límites naturais en función de acordos entre o concello de Narón e Ferrol. O límite entre os dous concellos segue por Santa Icía ata a estrada de Valdoviño e cun perfil irregular ata o océano Atlántico na praia de Ponzos. A franxa de océano de Narón ten praias virxes como O Casal ou Lopesa que estiveron practicamente inaccesibles ata a construción da senda litoral costa Ártabra, un camiño peonil e para bicicletas. Narón limita con Valdoviño compartindo a praia de Lopesa na zona do Val, onde un pequeno cordal pecha a chaira de Trasancos, e logo nas parroquias de Sedes e Pedroso, onde o Monte de Nenos (367 m, a maior altura de Narón) forma o peche setentrional do concello, e dende onde se ven asombrosas vistas da ría de Ferrol e a terra de Trasancos. Na marxe meridional, dende a desembocadura do Xuvia ata A Gándara só destaca o pequeno Couto que dá nome á parroquia onde se sitúa.
<div class="center">
|- style="vertical-align: top;" | width="350" align="center" | 400px Parroquias de NarónBarrioHabitantesSuperficie Narón (San Xiao)9906,75 km² Castro8364,25 km²O Val1.69513 km² Trasancos (San Mateo) 7999,75 km² Sedes9399,65 km² Pedroso8139,8 km² Doso4544,5 km²Narón cidade 29.1878,5 km² </td><td valign=top> 350px Cidade de NarónBarriosHabitantesSuperficie A Gándara6.9541 km² Xuvia (Santa Icía)6.2931,75 km² O Alto do Castaño5.3591,25 km² Xuvia (San Martiño)1.5341,25 km² Piñeiros6.8422,5 km² Xuvia2.2050,75 km² </div>
Clima O clima en Narón é temperado. A temperatura media anual é de 14,2 °C. As precipitacións son de 998 mm por ano.
17px Dados climáticosMes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura máxima media (°C) 13,1 13,4 15,4 16,5 18,2 20,6 22,4 23,0 22,0 19,0 15,6 13,6 17,7 Temperatura media (°C) 10,0 10,1 11,8 12,9 14,7 16,9 18,8 19,2 18,2 15,4 12,3 10,4 14,2 Temperatura mínima media (°C) 7,0 6,9 8,3 9,3 11,2 13,3 15,2 15,5 14,5 11,9 9,1 7,3 10,7 Precipitacións (mm) 116 95 89 80 71 48 30 41 70 101 129 128 998Fonte: Clima Narón es.climate-data.org
Demografía
A evolución da poboación de Narón está ligada á inmigración que recibiu na segunda metade do século XX, poboación chegada do agro ás cidades, a situación de Narón como periferia de Ferrol. O aumento moderado da poboación nos últimos anos e o mantemento deste nivel de crecemento está máis ligado á creación de infraestruturas propias no concello, servizos, autoestrada, polígonos industriais e ordenamento urbanístico. Desde 2014 Narón está preto de acadar os 40.000 habitantes: no 2016 estivo a falta de 574 persoas para acadar ese valor.
Fonte: Instituto Nacional de Estadística
Fonte: Instituto Galego de Estatística Censo total(2017) 39.280habitantes De 0 a 15 anos 6.052 de 16 a 64 anos 25.392 de 65 e máis anos 7.836
Historia miniatura|left|Debuxo do petróglifo de Chamorro (Serantes, Ferrol). miniatura|Vista da ría de Xuvia dende o Monte de Nenos, Sedes. Na Ría de Ferrol non se atoparon asentamentos do neolítico antigo (6000-4000 anos antes da era actual) nin anteriores a esas datas. Si se teñen atopado petróglifos nas inmediacións da veciña Ermida de Chamorro (Serantes, Ferrol)O Petroglifo de Chamorro (San Salvador de Serantes, Ferrol) (en Dialnet) Juan A. Carneiro Rey, Ramón Fábregas Valcarce. Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 22, 2003 , páxs. 73-86 e a Pena das Coviñas en Brión. En Río do Pozo teríase atopado a pegada máis antiga atopada en Trasancos. Unha ferramenta de pedra traballada para cortar carne, un chopping tool de datación exacta descoñecida. No Val, no Monte da Lagoa (Pena Grande) nos límites con Ferrol foi identificado un Valado Prehistórico, causewayed enclosure ou henge.
En 1867 Leandro de Saralegui Medina falaba da existencia dos restos de dous dolmens preto de Ferrol. Un deles destruído no século XVIII para aproveitar as pedras na construción e o outro preto de Chamorro (Serantes) do que só quedaban dous chantos de 2,90 m e 3,56 m, tamén destruído.
miniatura|esquerda|Chopping Tool do Val no Museo das Mariñas, Betanzos. Os asentamentos máis antigos na terra de Trasancos da que formaban parte o actual Narón, Ferrol, San Sadurniño, Valdoviño e Neda son 65 mámoas (4000 a 2000 anos antes da era actual): No monte de Nenos 16 Na zona baixa do Val e Leixa 6 No monte da Cha e Brión 30 No monte de Campaíñas e Mougá 13
Para contar a historia de Narón habería que falar da cultura propiamente megalítica ou das mámoas, que arrinca dun Neolítico final (do 3.000 ao 2.700 a.C).
As mámoas foron inicialmente concibidas como lugares destinados a enterramentos, e concentrábanse tanto en vales coma en outeiros, tanto no interior como na costa. O aspecto de montiños que teñen desde lonxe é o que lles dá nomes como Monte de Nenos ou Montiños de Moura.
Aínda que a actividade agrícola provocou a súa destrución nas áreas dedicadas ao cultivo, quedan en Narón dous campos de mámoas. Un primeiro conxunto con catorce túmulos, situado no cumio do monte de Nenos, e outro nos límites co concello de San Sadurniño. Os dous datan da Idade de Bronce. No Monte de Nenos está unha canteira prehistórica das pedras para os dolmens.
Tódalas mámoas foron violadas e ningunha foi escavada. Nos enxovais das cámaras acháronse armas, machados ou puntas de frecha. Narón non ten museo de arte prehistórica e os achados feitos desta época son de particulares.
Os castros identificados no que hoxe é Narón son quinceCastros de Narón. O Noso PatrimonioCastro de Pena Grande: miniatura|Castro de Sedes (Monte de Eiravedra). Castro de Quintá (O Val) Castro do Vilar (San Mateo, Trasancos)Castro de Vilar Castro de Sequeiro (San Xiao de Narón) Castro da Revolta (San Xiao de Narón)Castro de Revolta Castro de Eiravedra (Sedes) Castro dos Bicás (San Xiao de Narón)Castro de Bicás Castro da Ermida (desaparecido, Pedroso)Castro da Ermida Castro do Petouzal (O Couto) Castro de Castro (desaparecido, Castro) Castro de San Estevo (Sedes) Castro de Vilasuso (O Val)Castro de Vilasuso Castro de Pereiruga (Pedroso) Castro de Pena Lopesa (O Val) Castro da Pedreira (O Val) Castro de Sedes (Sedes)
En Ferrol foron identificados uns 15 castros, en Neda 5, en Valdoviño 20, en San Sadurniño 5, en Ares 5 e en Fene 9.
Na época da Romanización, a vida cotiá dos castros non sofre variación. Tampouco o medio nin as institucións políticas sufriron grandes cambios, xa que a romanización apenas tivo incidencia nas nosas terras. O que si é certo é que do seu paso polo noso territorio quedaron algúns sinais importantes. En Lóngaras, A Gándara, atopouse un cuncheiro que foi escavado polo arqueólogo municipal André Pena Graña. Entre as cunchas de ostras apareceron anacos de cerámica romana datada no século I antes da era actual e século I despois da era actual. En Covas (Ferrol) consérvase a explotación aurífera de Covarradeiras.
No ano 844, entre xuño e agosto, as naves normandas chegaron ao Mar da Xoiva (Ría de Xuvia). Saquearon e queimaron o mosteiro prerrománico de San Martiño. Os duques e condes de Ramiro dirixiron unha expedición á Terra de Faro (proximidades da cidade da Coruña) onde derrotaron aos piratas logrando que marchen a Lisboa e Sevilla onde continuaron os saqueos. Duascentas naves saquearon as vidas dos veciños. Aínda que Galicia sufriría varios ataques máis, sería esta a única invasión normanda documentada nas crónicas de Trasancos.
miniatura|Mosteiro do Couto. San Martiño de Xuvia cítase por primeira vez nun documento con data 15 de maio do 977. Foi unha doazón ao mosteiro feita por Visclávara Vistráriz, señora de Trasancos e descendente do que fora duque e bispo de Xuvia.
Nos séculos XI e XII o mosteiro de Xuvia gaña importancia ata o século XIII en que o mosteiro de Sobrado pasa a ser o máis importante do país.
No século XIII fúndase Ferrol, Neda e A Graña.
miniatura|Muíño de mareas das Aceñas. No século XVIII créanse os Reais Arsenais de Esteiro e con eles complexos fabrís industriais, muíños para fariñas, moenda de trapos para facer pasta de papel de estraza e común, e triturar pedra para curtir. O muíño de mareas das Aceñas, dous muíños de vento e o muíño de Amenadás entre outros.
Ata o ano 977, no que aparece na colección diplomática do mosteiro de San Martiño de Xuvia o primeiro documento, a historia de Trasancos escribíase nas epígrafes doutras terras. Coa lectura do manuscrito, asinado por Visclavara Suarit, sabemos que San Martiño é o eixo de toda a vida trasanquesa, non só como difusor cultural a través da escritura senón como centro político, económico e relixioso.
Os condes e duques, señores destas terras, manteñen aínda os antigos títulos de príncipes, pervivindo así ao longo dun milenio institucións do pasado. Estes príncipes teñen uns infantes aos que lles conceden as "villae". Á súa vez estes cabaleiros viven das rendas que perciben dos labregos e das taxas que lles impoñen aos homes libres da súa xurisdición. Trasancos acolle o máis importante clan de Galicia, que ten residencia no mosteiro de San Martiño. É a dinastía dos Petriz ou Froilaz, máis tarde condes de Trava, que contribuíron a consolidar este mosteiro, xunto ao de San Salvador de Pedroso, entre os máis influentes de Galicia. Nos primeiros anos do s. XIII, a terra de Trasancos sofre profundos cambios, e fúndanse as vilas de Neda e Ferrol.
Este feito trouxo fondas implicacións en todos os eidos e a ruptura da autarquía política e económica tradicional. Houbo tamén neste momento loitas internas entre fidalgos para chegar a establecerse como comedeiros dos mosteiros, e creouse un ambiente social violento e enrarecido. Chegan, así, anos escuros e caos económico, a desastrosa Batalla do Salgado contra os árabes e os primeiros gromos de peste negra. Con isto San Martiño vai perder unha poboación que no século XVI non se recuperara.
Polo ano 1418 rómpese en Trasancos o equilibrio social entre liñaxes, da que se deriva a Primeira Revolta Irmandiña, dirixida por Roi Xordo. Cando labregos e fidalgos de San Martiño intentarían frustradamente sorprender a Nuno Freire de Andrade en Ferrol. O sangue irmandiño decorreu polo Eume e o Xuvia, e quedou Trasancos baleiro.
Século XIV
O século XIV vería outra revolta máis e outra nova derrota. Avanzando o XIV e XV, e coa reforma dos Reis Católicos, o protagonismo dos mosteiros de Xuvia e Pedroso acabará definitivamente.