O mergullón realPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Podiceps auritus) é unha especie de ave podicipediforme da familia Podicipedidae propia de Eurasia e Norteamérica. En Galicia é un invernante raro.
Descrición miniatura|esquerda|Macho e femia en plumaxe nupcial. miniatura|esquerda|Exemplar en plumaxe non reprodutora. Trátase dun mergullón cun corpo repoludo. Mide entre 31 e 38 cm de longo, cunha envergadura de 59 a 65 cm,Mark Beaman, Steve Madge (1998). Guía de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. Ed. Omega, p. 39. ISBN 8428209464. e pesa arredor de 400 g. En verán é inconfundible, tanto o macho coma a femia teñen a cabeza negra, cun píleo plano e dous penachos nos laterais de cor amarela alaranxada en forma de cuña, que parten dos ollos cara a atrás. Tamén a plumaxe das súas meixelas negras sobresae en forma de cuña. O seu pescozo, peito e flancos son de cor castaña avermellada. O seu dorso e parte superior das ás son negras, mentres que o seu ventre e a parte inferior das súas ás son brancos, aínda que quedan ocultos cando nadan. O seu ollo é de cor encarnada intensa, e ten o peteiro negro, longo e bicudo, coa punta branca. En inverno a súa plumaxe pasa a ser de cor gris escura nas partes superiores, coas meixelas e as partes inferiores brancas, incluída a parte frontal do pescozo.
Taxonomía e etimoloxía
O mergullón real foi descrito cientificamente por Carl von Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema naturae, co nome de Colymbus auritus,Caroli Linnæi. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) p. 135. que significa 'movella con orellas'. Posteriormente foi trasladado ao xénero Podiceps, creado por John Latham en 1787,Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Podicepediformes aínda que clasificado como o resto da súa familia xunto coas movellas en Colymbiformes. Ata o século XX non se separaron os mergullóns na súa propia orde, Podicipediformes. Recoñécense dúas subespecies de mergullón real:Frank Gill e David Donsker. Grebes, flamingos & tropicbirds. IOC World Bird List versión 5.1. P. a. auritus, (Linnaeus, 1758) - vive en Eurasia; P. a. cornutus, (Gmelin, 1789) - presente en Norteamérica. A etimoloxía tanto do nome do xénero coma do da especie é latina. Podiceps procede da combinación das palabras podex/podicis que significa 'ano' e pes que significa 'pé',Ficha de Podiceps cristatus na Guía interactiva de aves ibéricas. E.T.S.I. de Montes, Forestal y del Medio Natural - Universidade Politécnica de Madrid. en referencia á posición moi traseira das súas patas. Pola súa parte, auritus, que procede de auris (orella), significa 'con orellas', en alusión á forma da plumaxe da súa cabeza en época de cría.
Distribución e hábitat
O mergullón real cría nos lagos do norte de Eurasia e Norteamérica. En inverno migra ás costas do Atlántico e Pacífico norte. En Europa chega ás costas do norte da Península Ibérica, incluída Galicia, en Asia chega ás costas chinesas á altura de Taiwán e en Norteamérica ata o Caribe mexicano; ademais de a zonas do norte do Mediterráneo e mar Negro e o sur do Caspio. Na época invernal establécese xeralmente en augas costeiras abeiradas e estuarios lamacentos, e con menos frecuencia en augas interiores. miniatura|Femia coas súas crías en Alasca.
Comportamento miniatura|Ovo de Podiceps auritus no MHNT
A súa voz é un trilo agudo, rápido, tipo asubío. En verán adoita ser silencioso.
Aniña de abril a xullo, poñendo catro ou cinco ovos sobre un montón de herbas suxeitas a talos de gramíneas altas.
Aliméntase de peixes pequenos, aos que captura mergullándose. Tamén come, en verán, insectos e crustáceos acuáticos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Podicipédidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Galicia