Mokgadi Caster Semenya, nada en Pietersburg o 7 de xaneiro de 1991 é unha mediofondista surafricana, campioa olímpica.
Traxectoria
Gañou a medalla de ouro nos 800 metros femininos nos Campionatos do Mundo de 2009 cun tempo de 1:55.45 e nos de 2017 coa súa mellor marca persoal, 1:55.16. Tamén gañou a medalla de ouro no Mundial de 2011 e nos Xogos Olímpicos de 2012 e 2016.Caster Semenya awarded gold for 800m at 2012 London Games eNCA 10 de febreiro de 2017.Caster Semenya given London 2012 gold medal after rival is stripped of title Theguardian.com 10 de febreiro de 2017 07.58 EST.Caster Semenya takes London 2012 gold after Mariya Savinova is stripped of the honour and banned for doping Dailymail.co.uk 19:52 EST, 10 de febreiro de 2017.
Trala súa vitoria no Mundial de 2009 anunciouse que foi obxecto de test de sexo. Foi suprimida da competición internacional ata o 6 de xullo de 2010 cando a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) permitiu que volvese competir. En 2010 a revista británica New Statesman incluíuna na listaxe das "50 persoas importantes" dese ano.
Resultados AnoCompeticiónLugarPosiciónProbaNotas2008Marca mundial dos 800 m:NRCampionato do Mundo JúniorBydgoszcz, Polonia7.ª (h)800 m2:11.98Commonwealth Youth GamesPune, India1.ª800 m2:04.23 GR2009Marca mundial dos 800 m:1.ªCampionato de SuráfricaStellenbosch, Suráfica1.ª800 m2:03.162.ª1500 m4:16.43South African U18/U20 ChampionshipsPretoria1.ª800 m2:02.001.ª1500 m4:25.70African Junior ChampionshipsBambous, Mauricio1.ª800 m1:56.72 NR CR1.ª1500 m4:08.01Campionato do Mundo de AtletismoBerlín1.ª800 m1:55.45A IAAF formaliza a política da testosterona2011Marca mundial dos 800 m:2.ªSouth African ChampionshipsDurban1.ª800 m2:02.101.ª1500 m4:12.931.ª4×400 m3:41.30Campionato do Mundo de AtletismoDaegu1.ª800 m1:56.35Nos campionatos do mundo de 2011 e nos Xogos Olímpicos de 2012, Semenya finalizou segunda detrás de Mariya Savinova, mais Savinova foi descalificada por fallar nunha proba de dopaxe, outorgando o ouro a Semenya nas dúas carreiras.2012Marca mundial dos 800 m:5.ªSouth African ChampionshipsPort Elizabeth1.ª800 m2:02.681.ª4×400 m3:36.92Xogos OlímpicosLondres1.ª800 m1:57.232014Marca mundial dos 800 m:NRSouth African ChampionshipsPretoria1.ª800 m2:03.052015Marca mundial dos 800 m:NRSouth African ChampionshipsStellenbosch, Suráfrica1.ª800 m2:05.058.ª1500 m4:29.60Campionato do Mundo de AtletismoBeijing8.ª (h)800 m2:03.18Xogos PanafricanosBrazzaville1.ª2:00.978.ª1500 m4:23.00O tribunal de arbitraxe deportivo levanta temporalmente o regulamento sobre a testosterona2016Marca mundial dos 800 m:1.ªSouth African ChampionshipsStellenbosch, Suráfrica1st400 m50.741.ª800 m1:58.451.ª1500 m4:10.91African ChampionshipsDurban1.ª1500 m4:01.991.ª800 m1:58.201.ª4×400 m3:28.49Xogos OlímpicosRío de Xaneiro1.ª800 m1:55.28 NR2017Marca mundial dos 800 m:1.ªSouth African ChampionshipsPotchefstroom, Suráfrica1st400 m51.601.ª800 m2:01.03Campionato do Mundo de AtletismoLondres3.ª1500 m4:02.901.ª800 m1:55.16A IAAF reinstaura as regras sobre a testosterona2018Marca mundial dos 800 m:1.ªSouth African ChampionshipsPretoria1.ª1500 m4:10.681.ª800 m1:57.80Xogos da CommonwealthGold Coast, Australia1.ª1500 m4:00.71 GR1.ª800 m1:56.68 GRAfrican ChampionshipsAsaba, Nixeria1.ª400 m49.961.ª800 m1:56.06 CRO tribunal suízo suspende temporalmente as regras sobre a testosterona para Semenya2019South African ChampionshipsGermiston, Suráfrica1.ª5000 m16:05.971.ª1500 m4:13.59
Vida privada e honras En 2012, Semenya foi nomeada Deportista Surafricana do Ano nos SA Sports Awards en Sun City. Semenya recibiu a Orde de bronce de Ikhamanga o 27 de abril de 2014, como parte das celebracións do Día da Liberdade.
Semenya casou coa súa parella, Violet Raseboya, en decembro de 2015.
En outubro de 2016, a IAAF anunciou que Semenya estaba entre as candidatas femininas como Mellor Atleta do Ano 2016.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dutee Chand María José Martínez Patiño Santhi Soundarajan
Ligazóns externas Caster Semenya gaña a final dos 800 metros nos Campionatos do Mundo de Berlín en 2009
Categoría:Nados na provincia de Limpopo Categoría:Nados en 1991 Categoría:Mediofondistas Categoría:Atletas de Suráfrica Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016