O presidente do Goberno da República Eslovaca (en ), tamén coñecido como primeiro ministro (en ), é o xefe de goberno de Eslovaquia. Sobre o papel é o terceiro cargo constitucional máis alto en Eslovaquia despois do presidente de Eslovaquia e o presidente do Consello Nacional. Na práctica, é a figura política líder do país.
O cargo creouse en 1969 e dende entón houbo 13 primeiros ministros. Dende 1993, cando xurdiu a Eslovaquia independente, seis primeiros ministros ocuparon o posto. O 25 de outubro de 2023, Robert Fico converteuse no actual primeiro ministro.
Historia O cargo de primeiro ministro foi creado en 1969 pola Lei Constitucional de Federación. Non obstante, un cargo similar existira dende 1918 cando varias persoas presidiron órganos executivos que rexían a parte eslovaca de Checoslovaquia ou o Estado eslovaco respectivamente. Dende 1993, cando se creou a República Eslovaca independente, seis persoas ocuparon o cargo. Dende 2018 oprimeiro ministro é Peter Pellegrini.
Poderes e funcións Dado que Eslovaquia é unha república parlamentaria, o primeiro ministro responde ante o Consello Nacional. A Constitución eslovaca prevé que para acceder ao cargo, cada primeiro ministro debe gañar e despois manter a confianza do parlamento. En canto o primeiro ministro perda a confianza, o presidente está obrigado a destituílo e designar a un novo primeiro ministro ou confiar ao primeiro ministro destituído a función de coidador con poderes limitados.
O primeiro ministro é o cargo máis poderoso do estado, xa que manda e preside o goberno. Aínda que non é o primeiro ministro senón o presidente quen nomea ministros do gabinete, faino co asesoramento do primeiro ministro.
Primeiro ministro designado de Eslovaquia Primeiro ministro designado de Eslovaquia (en ) é un título non oficial para unha persoa á que o presidente da República Eslovaca lle encomendou formar un novo goberno e substituír o primeiro ministro saínte. Este título, así como a autorización do presidente para encomendar ao primeiro ministro designado, non están establecidos por lei senón que é unha tradición legal ou, máis precisamente, constitucional. Segundo esta tradición, o presidente designa a unha persoa que teña o apoio da maioría dos deputados no Consello Nacional.
Lista dos primeiros ministros de Eslovaquia
Primeira República Checoslovaca (1918-1938) Ministro plenipotenciario para a administración de Eslovaquia
Vavro Šrobár (4 de novembro de 1918 - 14 de novembro de 1918)
Presidentes da Terra de Eslovaquia
Ján Drobný (1 de xullo de 1928 - 1929) Jozef Országh (1929–1938) Julián Šimko (1938–1939)
Segunda República Checoslovaca (1938-1939) Primeiros ministros do Goberno da Autonomía de Eslovaquia
Jozef Tiso (7 de outubro de 1938 - 9 de marzo de 1939) Jozef Sivák (9 de marzo de 1939 - 11 de marzo de 1939) Karol Sidor (11 de marzo de 1939 - 14 de marzo de 1939)
Primeira República Eslovaca (1939–1945) Primeiros ministros da Primeira República eslovaca
Jozef Tiso (14 de marzo de 1939 - 17 de outubro de 1939) Vojtech Tuka (27 de outubro de 1939 - 5 de setembro de 1944) Štefan Tiso (5 de setembro de 1944 - 4 de abril de 1945)
Terceira República Checoslovaca (1945–1948) Presidentes do Consello de Comisarios
Karol Šmidke (18 de setembro de 1945 - 14 de agosto de 1946) Gustáv Husák (14 de agosto de 1946 - 4 de maio de 1950)
República Socialista Checoslovaca (1948–1989) 1 de xaneiro de 1969 - 5 de marzo de 1990: chamada "República Socialista Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .
Presidentes do Consello de Comisarios
Gustáv Husák (14 de agosto de 1946 - 4 de maio de 1950) Karol Bacílek (4 de maio de 1950 - 7 de setembro de 1951) Július Ďuriš (7 de setembro de 1951 - 31 de xaneiro de 1953) Rudolf Strechaj (31 de xaneiro de 1953 - 11 de xullo de 1960)
Presidentes do Consello Nacional de Eslovaquia
Rudolf Strechaj (14 de xullo de 1960 - 28 de xullo de 1962) Jozef Lenárt (31 de outubro de 1962 - 20 de marzo de 1963) Michal Chudík (23 de marzo de 1963 - 29 de decembro de 1968)
Primeiros ministros da República Socialista Eslovaca
Štefan Sádovský : 2 de xaneiro de 1969 - 5 de maio de 1969 Peter Colotka : 5 de maio de 1969 - 12 de outubro de 1988 Ivan Knotek : 13 de outubro de 1988 - 22 de xuño de 1989 Pavel Hrivnák : 23 de xuño de 1989 - 8 de decembro de 1989
República Federal Checa e Eslovaca (1990–1992) 6 de marzo de 1990 - 31 de decembro de 1992: chamada "República Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .
Primeiros ministros da República eslovaca Retrato Nome Mandato Partido Político Inicio Fin Tempo no cargo 5 Milán Čič 10 de decembro de 1989 27 de xuño de 1990 Partido Comunista de Checoslovaquia (KSČ) Sociedade Contra a Violencia (VPN) 6 Vladimír Mečiar 27 de xuño de 1990 6 de maio de 1991 Sociedade Contra a Violencia (VPN) 7 Ján Čarnogurský 6 de maio de 1991 24 de xuño de 1992 Movemento Democrático Cristián (KDH) NºFotoNomeMandatoPartido políticoInicioFinTempo no cargo1Vladimír Mečiar (1942-)24 de xuño de 199215 de marzo de 1994Movemento para unha Eslovaquia Democrática (HZDS)2Jozef Moravčík (1945-)15 de marzo de 199413 de decembro de 1994Unión Democrática de Eslovaquia (DEÚS)(1)Vladimír Mečiar (1942-)13 de decembro de 199430 de outubro de 1998Movemento para unha Eslovaquia Democrática (HZDS)3Mikuláš Dzurinda (1955-)30 de outubro de 199815 de outubro de 2002Coalición Democrática Eslvoaca (SDK) logo substituída pola Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático
(SDKÚ)16 de outubro de 20024 de xullo de 2006Unión Cristiá e Democrática Eslovaca4Robert Fico (1964-)4 de xullo de 20068 de xullo de 2010Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia) (SMER-SDK)5Iveta Radičová (1956-)8 de xullo de 20104 de abril de 2012Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático (SDKÚ-DS)(4)Robert Fico (1964-)4 de abril de 201223 de marzo de 2016Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia) (SMER-SDK)23 de marzo de 201622 de marzo de 20186Peter Pellegrini (1975- )22 de marzo de 201821 de marzo de 2020Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)
(SMER-SDK)7139x139pxIgor Matovič
(1973- )21 de marzo de 20201 de abril de 2021Xente Común e Personalidades Independentes (OĽaNO)8139x139pxEduard Heger
(1976- )1 de abril de 202115 de maio de 2023Xente Común e Personalidades Independentes (OĽaNO)9139x139pxĽudovít Ódor (1976- )15 de maio de 202325 de outubro de 2023 Independente(4)Robert Fico (1964-)25 de outubro de 2023presenteDirección-Socialdemocracia (Eslovaquia) (SMER-SDK)
Estatísticas Nº Primeiro Ministro Idade á que accedeu ao cargo (primeiro mandato) Tempo no cargo (total) Idade ao deixar o cargo (último mandato) Data de falecemento Idade 1 Vladimír Mečiar 49 anos e 334 días 5 anos, 221 días 56 anos, 96 días Vive 2 Jozef Moravčík 49 anos e 361 días 273 días 50 anos, 269 días Vive 3 Mikuláš Dzurinda 43 anos e 268 días 7 anos, 247 días 51 anos, 150 días Vive 4 Robert Fico 41 anos, 292 días 11 anos, 210 días 53 anos, 46 días Vive 5 Iveta Radičová 53 anos, 213 días 1 ano, 271 días 55 anos, 119 días Vive6Peter Pellegrini42 anos, 167 días1 ano, 365 días44 anos, 166 díasVive7Igor Matovič46 anos, 315 días1 ano, 11 días47 anos, 325 díasVive8Eduard Heger44 anos, 333 díasno cargoVive
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista dos primeiros ministros de Checoslovaquia Lista dos presidentes de Eslovaquia Lista dos primeiros ministros da República Socialista Eslovaca Xefes de Estado e goberno actuais
Categoría:Primeiros ministros de Eslovaquia