miniatura|Mezquita de al-Hâkim no Cairo. Comezada baixo o reino de al-Azîz Billâh, terminouse en 1013, baixo o reinado do seu fillo al-Hâkim, cuxo nome leva. miniatura|140px|Árbore xenealóxica dos califas fatimís (en amarelo). Tamén se mostra o seu suposto parentesco cos sete imáns ismailíes (en gris) e co profeta Mahoma (en maiúsculas). O califato fatimí (tamén califato de Exipto ou Imperio fatimí; al-Fāṭimiyyūn) foi o cuarto califato islámico, o único xiíta de toda a historia —ismailita, concretamente—. Dominou o norte de África desde o ano 909 ao 1171. Inicialmente establecida en Tunes, a dinastía controlou a costa mediterránea de África e converteu Exipto no centro do seu califato na segunda metade do século . No seu apoxeo, o califato incluía, ademais de Exipto, parte do Magreb, o Sudán, Sicilia, o Levante mediterráneo e a rexión de Hiyaz.

Historia Orixes: a rebelión dos fatimís A ideoloxía relixiosa do califato fatimí tivo a súa orixe nun movemento xiíta ismailita. O xurdimento da dinastía debeuse ao éxito da prédica dun proselitista xiíta a finais do século IX, Abu Abd Allah, que se estableceu entre os bérberes kutama no ano 893, a algúns dos cales coñecera na Meca. Os kutama, monteñeses da Pequena Cabilia, foron o núcleo das primeiras forzas militares fatimís, e o sostén da dinastía ata a súa desaparición.

Os fatimís afirmaban descender da filla do profeta Mahoma, Fátima e do seu primo, xenro e cuarto califa do islam, Alí. Tanto pola súa ascendencia como por graza divina, proclamaban ser imáns, gobernantes infalibles guiados por Alá. Como tales, pretendían acabar coa dinastía abbásida, á que tachaban de impostora e de querer impoñer a súa autoridade ao mundo enteiro. Eran tamén inimigos dos omeias, que reinaban aínda na Península Ibérica.

Alxeria produciu a dinastía nativa dos fatimís, entre a tribo dos kutama, no 899 Abdullah al-Mahdi Billah, o décimo primeiro imán, converteuse no caudillo do movemento. Os seus partidarios, comezaron por debilitar o decadente emirato aglabí no 893. Ese ano o propagandista xiíta Abu Abd Allah asentouse entre os kutamas na vila de Ikchan, onde apenas se recoñecía xa a autoridade dos aglabíes. Al-Mahdi obtivo o apoio de Abu Abdallah al-Chií. Os kutamas se xactaban do seu país, situado no oeste de Ifriqiya (hoxe parte de Alxeria), da súa hostilidade cara aos abbásidas e da súa total independencia dos emires aglabíes. Os campesiños bérberes, que foran oprimidos durante décadas polo corrupto goberno aglabí, mostraron ser unha base perfecta para a sedición. Al-Chií alzou a Pequena Cabilia contra os aglabíes aos poucos anos de comezar a súa prédica. Enseguida, comezou a conquista de cidades da rexión, ao derrotar ás forzas aglabíes: primeiro Mila, a continuación, Sétif, Kairuán (marzo do 909), e finalmente Raqqada, a capital aglabí. As antigas fortalezas bizantinas de Tobna, Belezna, Bagay e Tebessa, que debían protexer a Ifriqiya do avance fatimí, non puideron impedir a conquista.

Abu Abd Allah chamou a Ubaid Allah tras as primeiras vitorias sobre os aglabíes. Este abandonou o Oriente Próximo e cruzou Exipto, Libia e Ifriqiya e no canto de reunirse con Abu Abd Allah, foi a Siyilmasa, capital do señorío midrarí dos oasis de Tafilete. Comezou a facer proselitismo co pretexto de ser un comerciante, pero foi encarcerado o emir, que o considerou subversivo. Ubaid Allah e o seu fillo fixeran o seu camiño a Siyilmasa, fuxindo da persecución dos abasis, que atoparon as súas crenzas ismailíes non só pouco ortodoxas, senón tamén unha ameaza para a situación do seu califato. Segundo a lenda, Ubaid Allah e o seu fillo estaban a cumprir unha profecía de que o Mahdi viría de Mesopotamia a Siyilmasa.

miniatura|esquerda|Moeda fatimí: dinar a nome de al-Mansur cuñado en al-Mansuriya en AH 338 (949-950 d.C.).

Al-Chií enviou un exército cara ao oeste, apoderouse da capital rustumí de Tiaret e logo de Siyilmasa, onde se achaba cativo Ubayd Allah. O señor midrarí de Siyilmasa foi vencido diante das murallas da súa cidade. Despois de obter a liberdade, Ubaid Allah converteuse no caudillo do novo Estado e asumiu o cargo de imán e califa en Kairuán o 5 de xaneiro do 910 e proclamouse mahdi. Mentres, a poboación de Siyilmasa asasinou á gornición kutama que quedara para gardar a cidade e devolveu o poder aos midraríes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Moeda fatimí

Ligazóns externas Quen eran os fatimíes? A dinastía fatimí no Exipto

Categoría:Califatos Categoría:Estados desaparecidos de África Categoría:Estados desaparecidos de Asia Categoría:Estados da Idade Media