Antonio Pousada Pérez, nado en Poio e finado en Cotobade o 28 de novembro de 1959, foi un practicante e político galego.
Traxectoria Dependente. Veciño de Cotobade, foi nomeado fiscal de Cotobade en decembro de 1927.El Progreso, 30-12-1927, p. 1. En febreiro de 1928 foi elixido contador da xunta directiva da Federación Agraria de Cotobade,El Pueblo Gallego, 3-2-1928, p. 2. e en 1929 foi nomeado presidente da Federación.El Pueblo Gallego, 8-12-1929, p. 14. Foi elixido presidente do Centro Republicano de Cotobade en 1930.El Pueblo Gallego, 22-7-1930, p. 10.
Coa proclamación da República foi elixido concelleiro de Cotobade en 1931, nomeado primeiro tenente-alcalde e despois alcalde de Cotobade. Dimitiu do cargo de alcalde de Cotobade en decembro de 1932.El País, 18-1-1933, p. 1. Militante do Partido Republicano Gallego, foi nomeado deputado provincial polo distrito de Redondela-Pontecaldelas en 1933,El Pueblo Gallego, 30-5-1933, p. 11. sendo cesado en xaneiro de 1934.El País, 4-1-1934, p. 2. Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cotobade en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 26-6-1936, p. 2.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 detivérono e internárono no campo de concentración da illa de San Simón ata que o xulgou un consello de guerra en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional e o pase a disposición da autoridade gobernativa. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941,El Compostelano, 24-11-1941, p. 2.BOE, 2-1-1942, p. 22-42. foi sobresido en 1944.El Compostelano, 21-11-1944, p. 2. Finou en Cotobade o 28 de novembro de 1959.La Voz de Galicia, 29-11-1959, p. 8.
Vida persoal
Casou con Aurora Cerviño e foi pai de Manuel, José e Lucrecia Pousada Cerviño. Notas
Categoría:Alcaldes de Cotobade Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Poio Categoría:Finados en 1959 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes