Haemoo (en ) é un filme surcoreano de 2014 dirixido por Shim Sung-bo. O filme é unha adaptación da obra de teatro de 2007 Haemoo, que á súa vez está baseada na historia real de 25 inmigrantes ilegais chineses-coreanos que morreron sufocados no interior dun tanque de almacenamento do barco pesqueiro Taechangho; a tripulación guindou os corpos ó mar ó suroeste de Yeosu o 7 de outubro de 2001.
Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Kim Yoon-seok como Capitán Cheol-joo Park Yoochun como Dong-sik Lee Hee-joon como Chang-wook Moon Sung-keun como enxeñeiro xefe Wan-ho Kim Sang-ho como Boatswain Ho-young Yoo Seung-mok como Kyung-gu Han Ye-ri como Hong-mae Jung In-gi como Oh-nam Kim Young-woong como Gil-soo Yeom Hye-ran como muller do dono do barco
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes de Next Entertainment World Categoría:Filmes rodados en Busan