Paulino Carlos María Pardo de Neyra, ou Pardo Neira, nado en Baralla en 1898 e finado en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1990, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Organizou con Evaristo Correa Calderón, Casiano Díaz Moreno e Faustino Cela a Irmandade da Fala de Baralla en 1917. Ingresou no Corpo de Prisións e pediu a excedencia en 1924.El Regional, 15-4-1924, p. 3. Foi funcionario do Corpo de telégrafos destinado en Palas de Rei. Na ditadura de Primo de Rivera foi xefe local da Unión Patriótica de Palas de Rei.El Regional, 10-1-1928, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 encerrouse con varios homes armados na casa do Concello de Palas de Rei. Foi detido e condenado sen xuízo a pena de morte. Por intercesión familiar conseguiron a anulación da pena. Foi desterrado a Leganés e multado con 5.000 ptas. Despois foi funcionario de telégrafos de Santiago. Reingresou no Corpo de Prisións nos anos corenta. Foi destinado como funcionario á prisión do partido de Santiago de Compostela en 1950,La Noche, 25-3-1950, p. 2. da que foi xefe de Administración dende 1952.La Noche, 9-10-1952, p. 2. En 1958 foi nomeado director da prisión de Santiago de Compostela.La Noche, 2-8-1958, p. 8. Finou en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1990.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-11-1990, p. 64.

Vida persoal Casou con Marina Soto Viña, foi pai de María del Carmen, Alfonso, Esther e José Pardo Soto, e avó de Xulio Pardo de Neyra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas «Na Ulloa hai devoción pola familia dos Ouro»

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes