Boom Beach é un videoxogo de estratexia móbil para os sistemas iOS e Android, desenvolvido por Supercell. Foi lanzado de maneira limitada no Canadá o 11 de novembro de 2013 e aberto para o público o 26 de marzo de 2014.

Xogabilidade

Boom Beach é un xogo de estratexia que combina ataques contra outros xogadores e ataques contra bases xeradas automaticamente polo xogo. O xogo desenvólvese nun arquipélago tropical co xogador nunha illa con defensas e tropas (similar ao estilo de Clash of Clans).

Os xogadores poden construír a súa base, mellorar e desbloquear as súas defensas e edificios. Boom Beach combina campañas dun xogador individual coa capacidade de atacar outros xogadores no modo multixogador no mesmo mapa. Boom Beach ha estado no top 10 de xogos en 22 países desde o seu lanzamento. O xogo enfronta o xogador contra un inimigo coñecido como "A Guardia Escura" quen son a miúdo representados por un militar de alto rango chamado "Hammerman".

Ademais do aspecto principal do xogo, hai tamén un modo cooperativo onde os xogadores reúnen "Información Militar" (sobrevivindo ou ordenando ataques) que é usada, para logo atacar bases xeradas polo sistema en Ataques de Forza Operativa.

Recursos

En Boom Beach o xogador necesita recolectar recursos como ouro, madeira, pedra, e en niveis máis altos, ferro; para mellorar e construír tropas e edificios. O xogo tamén utiliza unha moeda especial: os diamantes. Os diamantes poden ser outorgados despois de haber logrado certos obxectivos o como recompensas a eventos especiais, pero a maneira principal de adquirir os diamantes é mercándoos utilizando diñeiro real. Os diamantes tamén poden ser adquiridos facendo clic nas caixas de tesouro cando aparecen de maneira aleatoria no mapa. Os diamantes poden ser utilizados para axilizar cada aspecto do xogo (excepto nas operacións co submarino); desde tempo de construción de edificios e estatuas, ata a creación de tropas e melloras na Armería. Tamén se poden usar para comprar máis ouro, madeira, pedra o ferro. O único que non se pode comprar con diamantes é Información Militar e as Pedras do Poder que poden ser utilizadas para mellorar varios aspectos do xogo como a vida das tropas o dos edificios, produción de recursos entre outros. Recepción

+Puntuacións de críticasPublicaciónCualificaciónMetacritic69/100Pocket GamerIGN7/10

Na Google Play ten unha recepción de 4,5 sobre 5 e na App Store ten unha recepción de 4,6 sobre 5.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Boom Beach en Inglés Soporte de Boom Beach en Español Boom Beach no Reddit

Categoría:Videoxogos de estratexia Categoría:Videoxogos de 2014 Categoría:Videoxogos multixogador Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Finlandia Categoría:Videoxogos Free-to-play Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de iOS