Julio Valentín González, nado en Asunción o 26 de agosto de 1981, é un futbolista paraguaio retirado que xogou como dianteiro. González xogou coa selección de fútbol de Paraguai nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, obtendo xunto ao seu equipo nacional unha medalla de prata. Tamén competiu co equipo na Copa América 2004.

Carreira deportiva González, o máximo goleador do club Vicenza Virtus da Serie B italiana en decembro de 2005, debía representar ao seu país na próxima Copa Mundial da FIFA 2006 en Alemaña. Porén, o 22 de decembro de 2005, estivo involucrado nun accidente automobilístico cando ía ao aeroporto de Venecia para tomar un voo durante as vacacións. Despois dunha longa hospitalización, o 17 de xaneiro de 2006, González finalmente sufriu a amputación do seu brazo esquerdo.

González someteuse a un longo período de rehabilitación,TUTTO MERCATO WEB - Gonzalez l'indomabile, punta ai mondiali del 2010 sempre considerando un regreso ao fútbol activo. O xogador foi confirmado por contrato con Vicenza para a tempada 2006-07 malia a súa discapacidade e logo foi galardoado co Premio Giacinto Facchetti polo xornal deportivo italiano La Gazzetta dello Sport.

En xullo de 2007, González regresou a Paraguai e comezou a adestrar co Tacuary Football Club, onde xoga o seu irmán máis novo (Celso). Uns días despois, confirmou nunha entrevista á Gazzetta dello Sport que tamén servirá como recrutador local para o seu antigo equipo, o Vicenza.

González finalmente logrou regresar o 18 de novembro de 2007, xogando co Tacuary nun partido da Primeira División de Paraguai contra o recoñecido Club Olimpia. Xogou durante 57 minutos. As novas tamén obtiveron unha grande exposición nos medios de comunicación en Italia.

En 2008, González xogou para o Club Presidente Hayes. Máis tarde ese ano, González fíxose cargo de Inter Campus, unha academia xuvenil do Inter de Milán con sede en Paraguai.

Notas

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Asunción Categoría:Futbolistas olímpicos de Paraguai Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Paraguai Categoría:Xogadores do Club Guaraní Categoría:Xogadores do CA Huracán Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Paraguai Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2004