Jumpseat foi unha serie de satélites de recoñecemento para detección electrónica dos Estados Unidos.
Características A finalidade dos satélites Jumpseat era, traballando conxuntamente cos satélites P-801, monitorizar a actividade dos radares soviéticos de alerta de mísiles mediante a detección das súas ondas electromagnéticas e interceptar comunicacións mediante microondas.
Os satélites eran lanzados mediante foguetes Titan IIIB en órbitas altamente elípticas, tipo Molniya. Eran fabricados por Hughes usando o bus HS-318, tiñan unha masa duns 700 kg e estabilizábanse mediante xiro. As informacións apuntan a que usaban unha gran antena despregable desacoplada en xiro con respecto do resto do satélite. Foron sucedidos polos satélites da serie Trumpet.
Lanzáronse un total de sete satélites Jumpseat, aínda que debido á súa natureza secreta hai dúbidas de se a partir do número cinco se trataban realmente de Jumpseat ou de satélites Quasar.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasJumpseat 121 de marzo de 1971Titan 3B Agena DÉxitoJumpseat 216 de febreiro de 1972Titan 3B Agena DFalloJumpseat 321 de agosto de 1973Titan 3B Agena DÉxitoJumpseat 410 de marzo de 1975Titan 3B Agena DÉxitoJumpseat 525 de febreiro de 1978Titan 3B Agena DÉxitoJumpseat 624 de abril de 1981Titan 3B Agena DÉxitoJumpseat 731 de xullo de 1983Titan 3B Agena DÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Titan IIIB
Categoría:Satélites artificiais