Bodle ou turner de Xacobe VI (1567-1625)260x260px· IACOBVS · D · G · MAG · BRIT; triplo cardo.· FRAN · & · HIB · REX, león rampante.Bodle ou turner. (1623). CU. 19 mm. "1 Turner - James VI Issue of 1623". Numista.

O bodle (coas variantes boddle e bodwell) ou turner era unha moeda escocesa de cobre co valor de dous peniques ou 1/120 da libra escocesa (un terzo do bawbee), introducida por Xacobe VI (1567-1625) e que se mantivo en produción ata os derradeiros anos do século XVII."Turner". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd."bodle", En Encyclopædia Britannica. 1911."Bodle". En Martinori, E. (1915) . Páxina 38."Turner o Bodle". En Martinori, E. (1915) . Páxina 539."Bodle". En Frey, A. R. (1916). Páxina 28.Klütz, K. ( 2004).

Historia

Orixe da denominación Tradicionalmente atribúeselle a orixe da denominación bodle ao apelido Bothwell, dun gravador ou director da casa de moeda de Edimburgo, aínda que non hai constancia da súa existencia nos rexistros conservados da ceca."Bodle". En Martinori, E. (1915) . Páxina 38.Grueber, H. (1899). A denominación turner, pola súa banda, procedería da corrupción do termo francés tournois."Turner". En Frey, A. R. (1916). Páxina 249. A este respecto, cómpre indicar que a primeira moeda cuñada con este valor estaba directamente inspirada no dobre tornés (double tournois) francés."1 Turner - James VI". Numista.

Xacobe VI (1567-1625) Esta primeira emisión da moeda de dous peniques de cobre foi en 1597, a nome de Xacobe VI. Presentaba o busto acoirazado do monarca no anverso, rodeado pola lenda · IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM ("Xacobe VI, pola graza de Deus, rei dos escoceses"); no reverso aparecían tres cardos (un dos símbolos nacionais de Escocia), coa lenda · OPPIDVM · EDINBVRGI ("Cidade de Edimburgo") a modo de marca de ceca.

Houbo unha segunda emisión baixo o mesmo monarca, en 1623, na que se mudou a tipoloxía. O novo anverso amosaba un cardo triplo e o reverso o tradicional león rampante das armas escocesas. A lenda do reverso reflectía xa a unión dos reinos de Escocia e de Inglaterra: · IACOBVS · D · G · MAG · BRIT ("Xacobe, pola graza de Deus [rei] de Gran Bretaña"), e continúa no reverso: · FRAN · & · HIB · REX ("Francia e Irlanda").

Bodle ou turner de Carlos I (1625-1649)260x260pxNEMO ME IMPUNE LACESSET ; cardo.CAR D G SCOT ANG FRA E HIB R, iniciais C·R coroadas.Bodle ou turner. CU. 19 mm. 1,95 g."1 Turner - Charles I". Numista.

Carlos I (1625-1649)

A primeira emisión a nome de Carlos I, de 1629, recuperou esta mesma tipoloxía do triplo cardo e o león rampante, coa única diferenza do nome do monarca (CAROLVS no canto de IACOBVS)."1 Turner - Charles I Coinage of 1629". Numista. Nas sucesivas emisións de turners ou bodles a nome de Carlos I variouse a tipoloxía. Aínda con variantes, o tipo xeral consistía nas iniciais do monarca coroadas no anverso, coa lenda CAR·D.G·SCOT·ANG·FR·ET·HIB·R ("Carlos, pola graza de Deus, rei de Escocia, Inglaterra, Francia e Irlanda"), e un cardo no reverso, rodeado pola lenda NEMO·ME·IMPVNE·LACESSIT ("Ninguén me fará dano impunemente").Murray, J. K. R.; Stewart, G, H, I. (1972). Páxinas 107-119.

Carlos II (1660-1685)

Nas primeiras cuñaxes de turners ou bodles a nome de Carlos II, entre 1663 e 1668, recorreuse ao segundo modelo do seu pai, coas iniciais CRII no anverso."1 Turner (1663-1668) - Charles II". Numista.

Nas cuñaxes producidas entre 1677 e 1679 (as primeiras que aparecen coa data explícita), as iniciais do anverso foron substituídas pola representación dunha espada e un cetro coroados e dispostos de tal xeito que forman a cruz de Santo André (un dos símbolos nacionais escoceses). Polo demais, mantivéronse no substancial tanto o motivo do reverso como as lendas de ambas as faces, coas únicas variacións da actualización do nome do monarca no anverso (CAR · II, no canto de CAR)."1 Turner (1677-1679)- Charles II". Numista.

Bodle ou turner de Carlos II (1660-1685)260x260pxCAR · D : G · SCOT · ANG · FRA · ET · HIB · R ·; iniciaisC·R II coroadas.NEMO · ME · IMPVNE · LACESSET, cardo.Bodle ou turner. CU. 20 mm. 2,39 g."1 Turner - Charles II". Numista.

Guillerme II (1689-1701) e María II (1689-1694) Durante os case catro anos de reinado de Xacobe VII de Escocia (1685-1688) houbo unicamente emisións de prata, polo que non se cuñou o turner ou bodle.

A cuñaxe deste valor foi retomada no reinado de Guillerme II de Escocia e María II, entre os anos 1691 e 1694. O máis característico destas novas emisións é a presenza dun gran monograma formado polas letras W e M (William - Mary), rodeado pola lenda D G MAG BR FR ET HIB REX ET REGINA ("Pola graza de Deus, rei e raíña de Gran Bretaña, Francia e Irlanda")."1 Bodle - William & Mary". Numista."The copper coinage of 1691 to 1697". En Murray, J. K. R.; Stewart, G, H, I. (1972). Páxinas 119-135.

Logo do falecemento de María, Guillerme II cuñou unha nova emisión do bodle ou turner entre os anos 1695 e 1697, para a que se recuperou a imaxe da espada e o cetro cruzados que caracterizara a derradeira emisión de Carlos II, en substitución do monograma W-R."1 Bodle - William II". Numista.

O reverso correspondente a estas dúas series é común e retoma o utilizado nas emisións de Carlos II, caracterizado polo cardo no centro e a lenda NEMO ME IMPUNE LACESSET.

A derradeira cuñaxe desta moeda produciuse en 1697.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Libra escocesa Penique escocés Moeda escocesa

Bibliografía

Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7 Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo. De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol. Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1] Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7 Holmes, N. (2006). Sylloge of Coins of the British Isles. 58. Scottish Coins in the National Museum of Scotland, Edinburg. Part I. Oxford University Press. ISBN 0-19-726328-3 Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8 Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Murray, J. K. R.; Stewart, G, H, I. (1972). "The scottish copper coinages, 1642-1697". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Páxinas 105-135. Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646 Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.

Ligazóns externas

Scottish Coins

Categoría:Moedas de Escocia Categoría:Moedas fóra de curso