Faísca. Revista de información municipal é unha publicación anual en lingua galega editada polo Concello do Pino, que ofrece información das actividades, proxectos, investimentos e novas producidas no municipio ao longo do ano.
Descrición Naceu en decembro de 2007, durante o mandato do alcalde Manuel Taboada Vigo, co compromiso de saír cunha periodicidade trimestral, aínda que nunca chegou a tal e, tras uns primeiros anos dubitativos, nos que incluso chegou suspenderse a publicación, finalmente acadou desde o 2011 unha frecuencia anual.
A edición é a toda cor, con numerosas fotografías e infografías e cun número de páxinas que xira arredor das 40. A temática é a de información municipal do concello do Pino.
Adoita ser publicado a finais de cada ano cun formato de 297 x 210 mm (DIN A4). Non está integrada no sistema internacional de identificación de publicacións periódicas.
Os números publicados o foron nos anos e co número de páxinas que seguen:
número 1: 2007, 52 páxinas número 2: 2011, 64 páxinas número 3: 2011, 40 páxinas número 4: 2012, 36 páxinas número 5: 2013, 32 páxinas número 6: 2014, 32 páxinas número 7: 2015, 36 páxinas
número 8: 2016, 40 páxinas número 9: 2017, 40 páxinas número 10: 2018, 40 páxinas número 11: 2019, 40 páxinas número 12: 2020, 40 páxinas número 13: 2021, 44 páxinas número 14: 2022, 48 páxinas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Faísca na web do Concello do Pino
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XXI Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:O Pino