Juan Manuel de la Fuente Esperante, nado na Coruña o 2 de xullo de 1928, é un economista e político galego.

Traxectoria En 1947 licenciouse como profesor mercantil na Escuela de Altos Estudios Mercantiles de la Coruña. Licenciado en Económicas pola Universidade Complutense e técnico de Administración Civil do Estado. En 1968 rematou o Curso de Análisis y Política Financiera no Fondo Monetario Internacional. En 1949 ingresou no Cuerpo General Técnico del Ministerio de Hacienda. Asistiu a numerosos encontros de organismos internacionais como a Conferencia Internacional de Comercio y Desarrollo (UNTAD), o Fondo Monetario Internacional, e a OCDE. Foi director de financiamento exterior do Ministerio de Economía.La Voz de Galicia, 16-9-1983, p. 15. Foi nomeado conselleiro de Industria e Enerxía da Xunta de Galicia o 15 de setembro de 1983, cesando o 31 de marzo de 1984. Foi director xeral de Función Pública da Xunta.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1928 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes