María Oruña Reinoso, nada en Vigo o 25 de novembro de 1976, é unha avogada, novelista e columnista galega que escribe en castelán e galego.
Traxectoria É licenciada en Dereito, e tras exercer durante dez anos como avogada laboralista e mercantil, publicou en 2013 a súa primeira novela, La mano del arquero, sobre o acoso laboral e o abuso de autoridade.
Como xornalista colabora nunha columna no diario Faro de Vigo.
En 2015, a editorial Destino (Grupo Planeta), publicou a súa primeira novela negra, Puerto escondido, que foi traducida ao catalán, alemán e francés. miniatura|190px|Nunha presentación da Libraría Miranda de Bueu con Tensi Gesteira en 2021 En 2017 publicou Un lugar a donde ir.
En 2018 publicou Donde fuimos invencibles.
Estas tres novelas forman a serie coñecida como Los libros del Puerto Escondido, protagonizadas polo personaxe de ficción Valentina Redondo, tenente da Garda Civil, a cargo da Unidade Orgánica de Policía de Investigación Xudicial (UOPJ) de Santander. A autora manifestou que o nome é en honra da escritora Dolores Redondo.
O concello de Suances creou a Ruta Literaria Puerto Escondido, que percorre os principais escenarios nos que transcorren as novelas.
En 2020 publicou O souto dos catro ventos que se desenvolve no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Deixou Cantabria para facer «un canto de amor a Galicia», e a diferenza das súas anteriores obras escribiu tamén unha versión galega.
En O que a marea esconde (2021) homenaxea as novelas de «cuarto pechado» e nesta historia policial a tenente galega Valentina Redondo non só terá que resolver o crebacabezas do crime máis estraño da súa carreira senón tamén recompoñer as pezas da súa propia vida.
En O camiño do lume (2022), quinta novela de ‘Os libros de Puerto Escondido’ propón unha viaxe a través das evocadoras terras escocesas e dos libros luminosos e arrebatados do romanticismo británico.
Obras miniatura|300px|Presentando O que a marea esconde na Libraría Paz de Pontevedra (11/12/2021), con Chus Gómez Dorrego e Ledicia Costas.
Novela
Serie Los libros del Puerto Escondido Puerto escondido (2015). Barcelona: Destino. 432 páxs. ISBN 9788423349524. En catalán Port Amagat (2015). Columna Edicions. 448 páxs. ISBN 9788466419840. En alemán Das Versprechen der Schwestern (2016). Blanvalet. 480 páxs. ISBN 9783734102455. En francés Le port secret (2016). Actes Sud. 505 páxs. ISBN 9782330129897. Un lugar a donde ir (2017). Barcelona: Destino. 520 páxs. ISBN 9788423351855. miniatura|Presentando Los inocentes na libraría Cronopios de Pontevedra con Susana PedreiraDonde fuimos invencibles (2018). Barcelona: Destino. 416 páxs. ISBN 9788423353668. Lo que la marea esconde (2021). Barcelona: Destino. 416 páxs. ISBN 9788423359660. En galego O que a marea esconde (2021). Allariz: Aira Editorial. 352 Páxs. ISBN 978-84-123849-0-1. En italiano: Quel che la marea nasconde, Ponte Alle Grazie, Tradución de Tiziana Masoch, Elisa Leandri, Monica Magnin, Ersilia Serri, ISBN 9788833318554. El camino del fuego (2022). Barcelona: Destino, Serie Los libros del Puerto Escondido. 400 páxs. ISBN 9788423361588. En galego O camiño do lume (2022). Allariz: Aira Editorial. Tradución César Lorenzo Gil. 328 páxs. ISBN 978-84-125593-0-9. Los inocentes (2023). Barcelona: Destino. 464 páxs. ISBN 978-84-233-6384-1. Os inocentes (2024). Allariz: Aira Editorial. 360 páxs. ISBN 978-84-127368-6-1. Tradución de César Lorenzo.
Outras novelas
La mano del arquero (2013). Bobok P. 299 páxs. ISBN 978-8468631530. El bosque de los cuatro vientos (2020). Barcelona: Destino. 424 páxs. ISBN 9788423357543. En galego O souto dos catro ventos (2020). Allariz: Aira Editorial. 345 páxs. ISBN 9788412263107. A edición galega inclúe A viaxe dos nove aneis, onde a autora fala da materia prima, feita de terra e soños, de onde agromou esta novela. En catalán El bosc dels quatre vents (2020). Columna Edicions, 448 páxs. ISBN 9788466426596. Tradutor: Mercè Ubach Dorca, Núria Garcia Caldés El albatros negro (2025). Barcelona: Plaza&Janes. 616 páxs. ISBN 9788401034794. Unha novela de misterio que se desenvolve en Vigo. La cámara de las maravillas (2026). Barcelona: Plaza&Janes. 400 páxs.ISBN 9788401038631. Misterio, un crime relacionado co mundo da arte en Madrid. A cámara das marabillas (2026). Vigo: Ed. do Cumio. 340 páxs. ISBN 9788482898346.
Infantil
O tren fantasma (2024). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 9788411104845. Ilustracións de Ana Zurita. ePub: ISBN 978-84-1110-481-4. En castelán El tren fantasma (2024). Anaya. 72 páxs. ISBN 9788469890950. Ilustracións de Ana Zurita.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da autora
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega