Bomb City é un filme americano de 2017 dirixido por Jameson Brooks e co-escrito por Jameson Brooks e Sheldon R. Chick. O filme baséase na morte de Brian Deneke, un homicidio que revelou o enfrontamento cultural existente entre os estadounidense locais e a comunidade punk de Amarillo, Texas, e o resultado do subseguinte xuízo que expón un debate sobre a xustiza no sistema xudicial americano. O título do filme fai referencia a un dos alcumes da cidade de Amarillo, polas súas instalacións de armas nucleares.
Sinopse Brian é un adolescente de Amarillo, Texas, seguidor da música punk. Na cidade, sendo conservadora, alberga moitos mozos que asisten a concertos de punk, enfrontándose habitualmente cos mozos dun equipo de fútbol do instituto local: The Tascosa rebels. Os dous grupos acaban leando nun aparcadoiro unha noite, acabando na morte de Brian Deneke atropelado por un coche. Mentres tanto vaise vendo o xuízo, e mostrando o veredicto final de non culpábel.
Elenco
Dave Davis como Brian Glenn Morshower como Cameron Wilson Logan Huffman como Ricky Lorelei Linklater como Rome Maemae Renfrow como Jade Dominic Ryan Gabriel como Jason Henry Knotts como King Eddie Hassell como Oles Luke Shelton como Cody Cates
Produción O filme era o primeiro filme dirixido por Jameson Brooks. Brooks escribiu o guión cun amigo oriundo de Amarillo, Sheldon Chick, e Chick produciu o filme con Major Dodge. As escenas para o filme foron rodadas en Dallas, Amarillo, Rockwall e Denton, Texas. A fotografía foi dirixida por Jake Wilganowski.
Estrea Bomb City foi vista por primeira vez no Festival de Cine Internacional de Dallas a pincipios de 2017. O filme foi visto de novo o 23 de xaneiro de 2018 no Centro Globe-News de Artes de Amarillo. Despois de exposión, o filme entón expúxose en 17 cidades.
O filme foi lanzado dixitalmente o 9 de febreiro de 2018. O DVD e Blu-Ray é do 12 de abril de 2018.
Recepción Na páxina de Rotten Tomatoes, o filme tiña un índice de aprobación do 75% baseado en doce opinións, cunha nota media de 6.1/10. En Metacritic, o filme tiña unha puntuación media de 65 sobre 100, baseada en cinco críticas, describindo "xeralmente opinións favorábeis".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes ambientados en Texas