Nation of Language é unha banda estadounidense de new wave e post-punk revival formada no distrito de Brooklyn, na cidade de Nova York, no ano 2016. Está formada por Ian Richard Devaney (voz, guitarra eléctrica, percusión), Aidan Noell (teclados, voz) e Michael Sue-Poi (baixo).

Historia Devaney e Sue-Poi eran membros de The Static Jacks, pero a banda disolveuse despois do seu segundo álbum, In Blue. Devaney inspirouse para comezar un novo proxecto tras escoitar no coche do seu pai Electricity, o tema de Orchestral Manoeuvres in the Dark, que xa escoitara na súa infancia. O que deu comezo como un simple exercicio de Devaney nun teclado, acabou sendo o xermolo de Nation of Language coa incorporación do seu amigo Noell e do seu antigo compañeiro en Static Jacks, Sue-Poi.

A banda publicou unha serie de sinxelos entre 2016 a 2019, antes de encarar a gravación do seu álbum de debut, Introduction, Presence, en maio de 2020

Desde 2018, Devaney ten sido tamén o vocalista principal de Machinegum, un proxecto paralelo creado polo batería de The Strokes, Fabrizio Moretti, nese momento tamén integrante da banda brasileiro-estadounidense Kid Le Chat. Precisamente, Moretti foi responsable da percusión nos temas de Nation of Language "Indignities" e "Sacred Tongue". Así mesmo, o antigo membro de Static Jacks, Nick Brennan, tamén colaborou coa batería no tema "Automobile".

Discografía Álbums Introduction, Presence (2020)

Sinxelos e colaboracións What Does The Normal Man Feel? (2016) I've Thought About Chicago (2017) Reality (2018) Gouge Away (versión dun tema dos Pixies) / One More Try (tema exclusivo en 7") (2020)

Notas

Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de Brooklyn Categoría:Grupos musicais formados en 2016