Peter Spufford, nado o 18 de agosto de 1934 e finado o 18 de novembro de 2017, foi un historiador e numismático británico especializado na economía medieval."Professor Peter Spufford". Directory of Fellows. Queens' College Cambridge.
Spufford foi profesor emérito de Historia Europea da Universidade de Cambridge.
Traxectoria
Vida académica Peter Spufford concluíu en 1956 os seus estudos de Historia na Universidade de Cambridge, onde en 1962 acadou o doutoramento baixo a dirección de Philip Grierson e Hans Van Werveke.Blockmans, W. (2020). Páxinas 341-342. A súa tese foi publicada en Leiden en 1970 co título de Monetary Problems and Policies in the Burgundian Netherlands 1433-1496.Blockmans, W. (2020). Páxina 343.Véxase (1970) en "Bibliografía".
En 1960 ingresou como profesor axudante na Universidade de Keele, institución na que exerceu a docencia durante nove anos e na que chegou a ser xefe en funcións do Departamento de Historia.Blockmans, W. (2020). Páxina 346.
En 1979 foi nomeado membro do Queens' College, da Universidade de Cambridge. No seo desa universidade ocupou diferentes postos na súa Facultade de Historia: foi profesor asociado entre 1979 e 1990, profesor titular de Historia Económica desde ese ano ata 2000 e catedrático de Historia Económica en 2000 e 2001, ano en que se retirou do ensino universitario e foi nomeado membro emérito do Queens' College.Blockmans, W. (2020). Páxina 349."Spufford, Prof. Peter". En Who's Who 2017. Oxford University Press.
O máis sobranceiro do seu legado intelectual é unha tríade de libros que constitúen unha referencia no seu ámbito: Money and Its Use in Medieval Europe (1988), un estudo anovador do papel que xogaron as cuñaxes e o crédito no funcionamento da economía medieval;Blockmans, W. (2020). Páxina 350. Handbook of Medieval Exchange (1986), unha obra de referencia que recolle todos os datos daquela coñecidos sobre os tipos de cambio das moedas na Europa Occidental durante toda a Idade Media;Blockmans, W. (2020). Páxina 349. e Power and Profit: The Merchant in Medieval Europe (2003), un estudo ilustrado sobre as rutas comerciais medievais, a banca, o comercio de mercadorías e a vida dos comerciantes.Blockmans, W. (2020). Páxina 351.
Entre outras entidades, Spufford foi membro da Sociedade de Xenealoxistas (1955), da que ocupou a vicepresidencia entre 1997 e 2012. Ademais, foi o editor do xornal da Sociedade de 1961 a 1963."Obituary. Professor Peter Spufford, LittD, FBA, FSA, FSG". En Genealogists' Magazine. Vol. 32. Nº 9. Marzo de 2018.
Durante o curso 1959-1960, presidiu a Sociedade Heráldica e Xenealóxica da Universidade de Cambridge, que el mesmo fundara en 1955, e foi o seu vicepresidente en anos posteriores.Blockmans, W. (2020). Páxinas 346-347.
Vida persoal Spufford casou en 1962 coa profesora de Historia Margaret Clark (1935-2014).Blockmans, W. (2020). Páxina 342. Tiveron un fillo e unha filla, chamados Francis e Bridget, que morreron antes ca eles. O nome da súa filla permanece na memoria na denominación do Bridget's Hostel para estudantes con discapacidade, en Cambridge.
Spufford morreu o 18 de novembro de 2017. O seu funeral tivo lugar o 24 de novembro na igrexa de Santa María e Santo André en, Whittlesford, Cambridgeshire."Professor Peter Spufford FBA (1934 - 2017)". Queens' College Cambridge.
Recoñecementos
Honras académicas (1968): Membro da Royal Historical Society. (1969): Membro da Society of Genealogists. (1990): Membro da Society of Antiquaries."List of Fellows". Society of Antiquaries of London. (1994): Membro da British Academy.Blockmans, W. (2020).
Premios (2005): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (2005): Medalla Gunnar Holst, da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik, de Gotemburgo, Suecia."Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Setembro de 2012. Páxina 114.
Publicacións Estas son as monografías publicadas por Peter Spufford ao longo da súa traxectoria académica:"Prof. Spufford: Publications". Queens' College Cambridge."Peter Spufford". Academia.edu
(1967). Origins of the English Parliament. Longmans, Londres. (1970). Monetary Problems and Policies in the Burgundian Netherlands 1433-1496. Brill, Leiden. (1986). Handbook of Medieval Exchange. Royal Historical Society, Londres. ISBN 978-0861931057 (1988). Money and Its Use in Medieval Europe. Cambridge University Press. ISBN 978-0521375900 (1988). Later medieval mints: Organisation, administration and techniques (ed., con N. J. Mayhew). British Archaeological Reports, Oxford. ISBN 978-0860545033 (1990). The Records of the Nation (ed. con G. H. Martin). Boydell & Brewer. ISBN 978-0851155388 (1999). Index to the Probate Accounts of England and Wales, A-J. British Record Society, Londres. ISBN 978-0901505408 (2003). Power and Profit: The Merchant in Medieval Europe. Thames & Hudson, ISBN 978-0500251188 (2008). How rarely did medieval merchants use coin? Geldmuseum, Utrecht. ISBN 978-90-73882-21-8
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Blockmans, W. (2020). "Peter Spufford". En Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy. XIX. British Academy, Londres. Páxinas 339-355.
Ligazóns externas "In Memoriam, Peter Spufford (1934-2017) ". Cercle d’Études Numismatiques (CEN)
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Medievalistas Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Keele Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society