Jack Aitken (en coreano: 한세용, Han Se-yong) nado o 23 de setembro de 1995 en Londres, é un piloto de carreiras británico-coreano que compite actualmente na Fórmula 2 para Campos Racing. Aitken comezou a súa carreira no karting en Buckmore Park, con 7 anos. Fixo a transición cara aos coches cando competiu no Campionato Intersteps con Fortec Motorsport, con quen logo competiu nas Formula Renault BARC Winter Series, Formula Renault NEC e Formula Renault Eurocup. Despois de gañar a Formula Renault Eurocup en 2015, Aitken inscribiuse na academia de novos pilotos de Renault, na que permaneceu ata 2019. Despois de competir nas GP3 Series en 2016 e 2017 progresou a Fórmula 2 de 2018. Tamén é o piloto de reserva do equipo Williams Formula One e correrá para eles no Gran Premio de Sakhir de 2020 en substitución de George Russell, que, á súa vez, substitúe a Lewis Hamilton en Mercedes no evento.
Andaina
Karting Aitken comezou a súa carreira no karting en Buckmore Park en Kent.
Fórmula Renault Eurocup
Aitken entrou na súa primeira tempada completa na Fórmula Renault Eurocup en 2014 con Fortec Motorsports. Gañou unha carreira en Hungaroring e rematou no podio catro veces. Durante a primeira metade da tempada, tivo que rematar o seu A Levels mentres asistía á Westminster School. A comezos de 2015 mudouse a Koiranen GP para a tempada Eurocup Formula Renault 2.0.
Aitken gañou o título na rolda final en Xerez, despois de gañar o título da Fórmula Renault Alps na mesma pista unha semana antes.
Fórmula Renault Alps En 2015, Aitken entrou no Campionato de Fórmula Renault Alps, xunto coa súa campaña na Fórmula Renault Eurocup. Gañou este título na rolda final en Xerez.
Serie GP3 En xaneiro de 2016, anunciouse que Aitken pasaría á serie con Arden International. Na súa primeira tempada, logrou a vitoria na segunda carreira en Spa-Francorchamps e conseguiu seis podios adicionais para acabar quinto na clasificación xeral. En febreiro de 2017, anunciouse que Aitken seguiría na serie, cambiando ao equipo campión ART Grand Prix. Ese ano terminou segundo no campionato, aínda que a unha longa distancia por detrás do seu compañeiro de equipo George Russell.
Fórmula 2 En xaneiro de 2018, ART Grand Prix anunciou que Aitken uniríase ao seu equipo de Fórmula 2 para o Campionato de FIA de Fórmula 2 de 2018, de novo xunto a George Russell. Logrou o seu primeiro podio co segundo posto na carreira principal de Bakú, e máis tarde conseguiu a súa primeira vitoria en Barcelona. Rematou 11º no campionato con 63 puntos.
Para o Tempada 2019 Aitken mudouse a Campos Racing, inicialmente como compañeiro de Dorian Boccolacci e máis tarde de Arjun Maini e Marino Sato. Aitken obtivo a súa primeira vitoria da tempada e a primeira vitoria de Campos Racing na Fórmula 2, na carreira de Bakú. Tamén gañou a carreira de Silverstone, despois de adiantar a Louis Delétraz na volta 17. Aitken tamén gañou a carreira de Monza despois de defenderse do coche de MP Motorsport de Jordan King. King criticou a condución defensiva de Aitken. Acabou 5º na clasificación, anotando 159 dos 189 puntos de Campos, axudándolles a rematar 5º no campionato por equipos.
Aitken permaneceu en Campos durante o 2020, xunto a Guilherme Samaia. Aitken logrou un dobre podio na segunda rolda de Silverstone, quedando terceiro tanto na carreira principal como na carreira de velocidade. Estivo involucrado nunha colisión a alta velocidade con Luca Ghiotto na sétima volta da carreira de velocidade no Circuíto de Sochi. Ambos pilotos non resultaron feridos, pero os danos nas barreiras provocaron que a carreira vise a bandeira vermella e non se reiniciara.
Fórmula Un En febreiro de 2016, Aitken foi un dos catro pilotos confirmados para unirse ao novo programa de pilotos de Renault F1. En setembro de 2017, Aitken probou por primeira vez un coche de Fórmula Un, probando o Lotus E20 en Xerez. En febreiro de 2018, Aitken foi nomeado terceiro piloto reserva de Renault. Para 2019 confirmouse que Aitken continuaría como piloto de probas para Renault. Para a tempada Aitken uniuse á Williams Driver Academy xunto aos seus rivais ma Fórmula 2 Dan Ticktum e Roy Nissany. Aitken estará como piloto de reserva do equipo. Conduciu na primeira sesión de adestramentos do Gran Premio de Estiria de 2020 para o equipo, substituíndo a George Russell.
Aitken debutou na Fórmula Un como piloto de carreiras con Williams no Gran Premio de Sakhir 2020 substituíndo a George Russell, que correu co Mercedes de Lewis Hamilton logo de que este dera positivo en coronavirus. Aitken declarou antes da carreira que estaba "preparado desde marzo en Melbourne "para tal oportunidade. Competiu co número 89, en referencia a un número que usaba anteriormente no karting. Clasificouse para a carreira no 18º posto, a unha décima de segundo do seu compañeiro de equipo Nicholas Latifi. Na volta 61 de 87, Aitken, no 15º posto, trompeou na curva final, chocando cunha barreira e rompendo a súa á dianteira. Regresou aos boxes para un substituilo e puido continuar a carreira, acabando finalmente no posto 16º. Máis tarde remarcou que tiña sensacións mixtas sobre a carreira, afirmando "creo que estivemos facendo un bo traballo ata o meu pequeno incidente. Só podo pedir perdón a todo o equipo", pero que había "moitos aspectos positivos que tomar" da fin de semana ".
Aitken realizou o xoves tarefas nos medios con Williams antes da seguinte carreira en Abu Zabi pero finalmente non conduciu o coche, xa que Russell regresou ao equipo antes da primeira sesión de adestramentos cando Hamilton obtivo a alta para volver a Mercedes.
Rexistro de carreiras Traxectoria profesional Tempada Series Equipo Carreiras Vitorias Poles V/rápidas Podios Puntos Posición2012Dunlop Intersteps Championship Fortec Motorsports 23 2 2 3 13 490 3º 2013 Formula Renault 2.0 NEC 16 0 1 1 5 230 2º Eurocup Formula Renault 2.0 2 0 0 0 0 0 NC† Manor MP Motorsport 4 0 0 0 0 2014 Eurocup Formula Renault 2.0 Fortec Motorsports 14 1 1 0 4 86 7º Formula Renault 2.0 Alps 8 0 0 1 0 0 NC† Pro Mazda Championship Team Pelfrey 2 0 0 0 0 31 20º 2015 Eurocup Formula Renault 2.0 Koiranen GP 17 5 4 3 3 206 1º Formula Renault 2.0 Alps 15 4 3 3 7 242 1º Pro Mazda Winterfest Team Pelfrey 5 3 1 2 4 167 1º 2016 GP3 Series Arden International 18 1 0 2 7 148 5º Euroformula Open Championship RP Motorsport 4 2 2 1 3 71 8º Spanish Formula 3 Championship 2 1 1 1 1 27 7º Formula V8 3.5 Series 4 0 1 0 0 14 15º 2017 GP3 Series ART Grand Prix 15 1 2 2 6 141 2º 2018 FIA Formula 2 Championship ART Grand Prix 23 1 0 0 2 63 11º 2019 FIA Formula 2 Championship Campos Racing 22 3 1 2 7 159 5º 2020 FIA Formula 2 Championship Campos Racing 22 0 0 1 2 48 14º* Fórmula 1 Williams Racing 1 0 0 0 0 0 22º † Como era un piloto invitado, non podía puntuar. * Tempada en disputa.
Resultados nas carreiras de American open-wheel
Campionato Pro Mazda Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos. Puntos 2014 Team Pelfrey STP STP BAR BAR IMS IMS LOR HOU HOU MOH MOH MIL SON9 SON4 20º 31
Resultados completos nas GP3 Series (clave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Puntos 2016 Arden International CATFEA CATSPR RBRFEA RBRSPR SILFEA SILSPR HUNFEA HUNSPR HOCFEA HOCSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR SEPFEA SEPSPR YMCFEA YMCSPR 5º 148 2017 ART Grand Prix CATFEA CATSPR RBRFEA RBRSPR SILFEA SILSPR HUNFEA HUNSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR XERFEA XERSPR YMCFEA YMCSPR 2º 141
Resultados completos nas Formula V8 3.5 Series (clave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Puntos 2016 RP Motorsport ALC1 ALC2 HUN1 HUN2 SPA1 SPA2 LEC1 LEC2 SIL1 SIL2 RBR1 RBR2 MNZ1 MNZ2 XER1 XER2 CAT1 CAT2 15º 14
Resultados completos no campionato da FIA de Fórmula 2 (clave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican puntaos para a volta rápida dos dez primeiros finalistas) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos 2018 ART Grand Prix BHRFEA BHRSPR BAKFEA BAKSPR CATFEA CATSPR MONFEA MONSPR LECFEA LECSPR RBRFEA RBRSPR SILFEA SILSPR HUNFEA HUNSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR SOCFEA SOCSPR YMCFEA YMCSPR 11º 63 2019 Campos Racing BHRFEA BHRSPR BAKFEA BAKSPR CATFEA CATSPR MONFEA MONSPR LECFEA LECSPR RBRFEA RBRSPR SILFEA SILSPR HUNFEA HUNSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR SOCFEA SOCSPR YMCFEA YMCSPR 5º 159 2020 Campos Racing RBR1FEA RBR1SPR RBR2FEA RBR2SPR HUNFEA HUNSPR SIL1FEA SIL1SPR SIL2FEA SIL2SPR CATFEA CATSPR SPAFEA SPASPR MNZFEA MNZSPR MUGFEA MUGSPR SOCFEA SOCSPR BHR1FEA BHR1SPR BHR2FEA BHR2SPR Pos.* Ptos.* † O pliloto non rematoua a carreira, pero clasificouse ao completar o 90% da distancia de carreira. ‡ Concedéronse a metade dos puntos aos que completaron polo menos o 75% da distancia programada. * Tempada en disputa.
Resultados completos na Fórmula 1 Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Pos. PuntosWilliams RacingWilliams FW43Mercedes F1 M11 EQ Performance 1.6 V6 t AUT EST HUN GBR 70º ESP BEL ITA TOS RUS EIF POR EMI TUR BAH SAK16 ABU 22º 0
Notas
Notas
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Reino Unido Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Nados en Londres