Adreian DeAngleo Payne, nado en Dayton, Ohio, o 19 de febreiro de 1991 e finado en Orlando (Florida) o 9 de maio de 2022, foi un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Payne foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Atlanta Hawks. O 25 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Hawks tras acadar 12.5 puntos e 7.0 rebotes por encontro na Liga de Verán da NBA de 2014.

O 10 de febreiro de 2015, Payne foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dunha futura elección da primeira rolda do Draft.

O 21 de agosto de 2017, Payne asinou cos Orlando Magic. O 26 de xaneiro de 2018, foi cortado polos Magic.

Na mañá do 9 de maio de 2022, recibiu un disparo e faleceu en Orlando, Florida.Adreian Payne, former Michigan State basketball star, shot and killed Monday at age 31

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Dayton, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne