Na mitoloxía grega, Febe (en grego antigo Φοίβη, Phœbē, que significa 'brillo', era unha das Titánides, filla de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra). Hesíodo descríbea como coroada de ouro "Despois Xea, deitándose con Urano procreou a Océano..., a Febe, coroada de ouro, e á amable Tetis" (Hesíodo: Teogonía 135-136).. Outros epítetos que se lle aplican son a áurea Febe ou Febe a brillante. miniatura|Febe no relevo do Altar de Pérgamo que representa a Xigantomaquia

Mitoloxía Casou con Ceo, con quen tivo dúas fillas: Leto e Asteria"Os descendentes dos Titáns foron... de Ceo e Febe: Asteria e Leto" (Apolodoro: Biblioteca mitolóxica Libro I, 2, 2).. Leto uniuse a Zeus e procreou a Apolo e Artemisa.

Recibiu de Temis o control do oráculo de Delfos, e posteriormente regalouno a Apolo no seu aniversario Esquilo..

Outros Co nome de Febe coñécese tamén unha filla de Leucipo de Mesenia, esposa de Pólux; e unha das fillas de Helio (o Sol).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto] Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica, Alianza editorial. 3 ed. 2016.

Categoría: Titáns Categoría:Deusas lunares