Louise Lightner Post, nada o 7 de decembro de 1966 en Saint Louis, Missouri, foi unha das fundadoras, vocalista e guitarrista da banda de rock alternativo Veruca Salt.

Graduouse no bacharelato de artes no Barnard College, en Nova York. Colaborou tamén con outras bandas de indie como The Drowners e Frogpond.

Estivo saíndo co líder de Foo Fighters, Dave Grohl. A súa relación rematou cando Grohl a deixou pola actriz Winona Ryder.

Dende hai uns meses atópase promovendo o último álbum de Veruca Salt, titulado IV.

Categoría:Cantantes de Missouri Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Nados en 1966