Dragan Stojković (en serbio cirílico: Драган Стојковић), nado o 3 de marzo de 1965 en Niš, Iugoslavia, é un ex-futbolista e adestrador serbio. Dende 2021 dirixe a selección serbia. Tamén é coñecido polo seu alcume Piksi ou Pixy.

Traxectoria Club Talentoso mediocampista aínda que tamén xogaba ás veces de diantiero, Stojković comeza a súa carreira profesional na Primeira División Iugoslava no equipo da súa cidade, o Radnički Niš na tempada 1981-82. Alí ficará as catro seguintes, xogando 69 encontros e anotando 8 goles. Logo marchará ao Estrela Vermella de Belgrado onde estivo cinco tempadas, xogando 120 encontros e anotando 48 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga nos anos 1988 e 1989.

Stojković tamén xogou no Hellas Verona e dúas tempadas e media no Olympique de Marsella. O Olympique con Stojković gañou a Liga de Campións no 1993. Na primavera de 1994 Stojković ficha polo club xaponés Nagoya Grampus Eight, adestrado por Arsène Wenger e no que que tamén xogaba Gary Lineker. Alí ficou sete tempadas, xogando 183 encontros e anotando 57 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga en 1995. No Xapón hai un monumento, un estadio e unha rúa no seu nome.

Selección Coa selección, xogou 84 encontros e anotou 15 goles, tanto na selección Iugoslava coma na Serbia. O seu debut foi en xuño de 1983, e participou nas Eurocopas de 1984 e do 2000. Tamén participou nos mundiais de 1990 e 1998.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da selección de Serbia Estatísticas de Stojković a nivel de club

Stojković Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Serbia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Nados no distrito de Nišava Categoría:Futbolistas olímpicos de Iugoslavia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Iugoslavia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1990 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Adestradores de fútbol de Serbia Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Serbia Categoría:Adestradores do Mundial de Fútbol de 2022